InicioMOV. SOCIAISA CIG tacha de "enchufe" o nomeamento de Eloína Núñez como subdirectora...

A CIG tacha de “enchufe” o nomeamento de Eloína Núñez como subdirectora en Política Social

O sindicato acusa á Xunta de usar en fraude de lei a figura de comisión de servizos para o nomeamento da exgerente da área de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Confederación Intersindical Galega cargou duramente contra o nomeamento de Eloína Núñez como subdirectora na Consellería de Política Social, un cargo ao que accedeu a través dunha comisión de servizos. A exgerente da área sanitaria de Santiago e curmá do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, foi designada en agosto para este posto, o que, segundo o sindicato, constitúe un “enchufe ás agachadas” e un uso “en fraude de lei” desta figura administrativa.

Nun comunicado emitido este mércores, a CIG denunciou que a Xunta empregou a fórmula da comisión de servizos, que debe ser “excepcional e temporal”, para evitar dar publicidade ao nomeamento de Núñez no DOG. A convocatoria do posto realizouse o 12 de xullo, e a súa concesión, o 14 de agosto, sen que se fixeran públicos os criterios nin as persoas que optaron a el.

O sindicato nacionalista considera que este nomeamento é un exemplo da “falta de transparencia” do Goberno galego, que, segundo afirman, está a “colocar amiguetes e pagar favores” de maneira discreta. “A Xunta prefire operar sen testemuñas, coma se dun delito tratásese”, afirma a CIG no seu comunicado.

Por último, a CIG subliña que o emprego da comisión de servizos neste caso é unha “fraude de lei”, xa que se trata dun instrumento orientado a cubrir postos de maneira excepcional e non para asignar cargos de xeito encuberto.

ÚLTIMAS

Un incendio afecta a unha lavandaría en O Milladoiro

Unha lavandaría en Milladoiro, no municipio de Ames, rexistrou un incendio na noite do...

A USC proxecta e debate a memoria histórica a través do filme ‘O mestre que prometeu o mar’

A Facultade de Xeografía e Historia da USC acollerá esta semana dúas actividades centradas...

A afición do Obradoiro organiza viaxe a Madrid para apoiar ao equipo no inicio da liga

A falta dunha semana para o comezo da Primeira FEB, o Monbus Obradoiro prepara...

A CIG-Ensino denuncia vulneración do dereito á folga en Beatriz Seijo Art Studio

A CIG-Ensino anunciou que presentará unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a...

As traballadoras do estudio Beatriz Seijo continúan en folga indefinida por melloras laborais

As traballadoras dun centro de ensinanzas artísticas situado en Santa Marta, Santiago de Compostela,...