HomeM. AMBIENTE E PATRIMONIONace a Cátedra sobre Saúde Ambiental na USC, para que a investigación...

Nace a Cátedra sobre Saúde Ambiental na USC, para que a investigación identifique riscos públicos

Alberto Ruano, o seu director, avanza a ampliación do 'Mapa de Radón de Galicia' como unha das actividades a desarrrollar

Publicado o

Por Europa Press

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Consellería de Sanidade presentaron este venres a nova Cátedra sobre Saúde Ambiental, co ánimo de que a actividade investigadora identifique axentes de risco para “seguir mellorando” a política sanitaria pública.

O acto, celebrado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, contou coa participación do director da propia cátedra, Alberto Ruano, o reitor da USC, Antonio López, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán. Gómez Caamaño agradeceu a “aposta decidida” realizada polos seus predecesores á fronte da Consellería de Sanidade no campo da saúde.

Esta iniciativa, que terá un tempo inicial de catro anos con posibilidade de prórroga, permitirá desenvolver diferentes actividades que organizará o grupo de investigación ‘Epidemioloxía, Saúde Pública e Avaliación de Servizos de Saúde’, o segundo en produción científica de toda a USC. Entre as múltiples actividades, tal e como avanzou o seu director, estará a ampliación do ‘Mapa de Radón de Galicia’, con “polo menos 300 medicións anuais” e un novo buscador interactivo da súa concentración a nivel provincial, comarcal, municipal e sección censal.

CONTAMINACIÓN AMBIENTAL

Durante a súa intervención, Alberto Ruano aproveitou para sinalar tamén os riscos na saúde pública que provoca a contaminación ambiental. Desta forma, advertiu da necesidade de que os países “cambien os seus patróns produtivos e de consumo a situacións de emisión neutra, sen esquecer a xustiza para os países en desenvolvemento que teñen dereito ao progreso”. “Non hai lugar para o negacionismo climático nin para a condescendencia e cada xesto conta”, aseverou o director.

A cátedra, segundo reivindicou o reitor da universidade compostelá, é “nova no ámbito estatal”. Así mesmo, López celebrou a colaboración coa Xunta para “formar novos profesionais sanitarios” e “estudar, difundir e coñecer as influencias das condicións ambientais na saúde das persoas”.

ÚLTIMAS

En estado moi grave un mozo de 30 anos nunha caída dun rocódromo en Santiago

Un mozo de 30 anos atópanse estado moi grave tras sufrir unha caída de...

Lestegás cifra en preto de 100 as tendas de souvenirs na zona vella: “Queremos garantir a diversidade de usos”

O concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela, Iago Lestegás, cifrou en preto de...

Santiago de Compostela impón unha moratoria para protexer o comercio de proximidade no centro histórico

A xunta de goberno local do Concello de Santiago de Compostela tomou unha decisión...

Quen era Raxoi e por que á casa do Concello se lle chama Pazo de Raxoi?

Bartolomé de Raxoi e Losada naceu o 25 de agosto de 1690 en Pontedeume...

A Conchi; lugar de estudo, de moceo e de anécdotas

No corazón de Santiago de Compostela atópase a Biblioteca Concepción Arenal, coñecida cariñosamente como "A Conchi", especialmente entre...

Rubén Ventureira pecha os Luns do Ateneo deste curso cunha conferencia sobre Urbano Lugrís

Este luns, 17 de xuño, o Ateneo de Santiago culminará o seu curso de...

O Concello insta a Rueda a “aclarar” se vai estudar a taxa turística na capital galega

O Concello de Santiago reclama ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que "aclare" se vai estudar a...