InicioCULTURAA cidade de Santiago acolle a rodaxe de 'Antes de Nós', o...

A cidade de Santiago acolle a rodaxe de ‘Antes de Nós’, o primeiro biopic sobre Castelao

A película, dirixida por Ángeles Huerta, terá escenas rodadas en varios puntos emblemáticos da cidade durante este mes de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

Durante o mes de setembro, a capital galega converterase nun dos escenarios da rodaxe de Antes de Nós, o primeiro biopic sobre Alfonso Rodríguez Castelao, dirixido por Ángeles Huerta, coñecida polos seus traballos en O corpo aberto (2022) e Esquece Monelos (2016). A longametraxe, que ten prevista a súa estrea en salas cinematográficas en 2025, busca ofrecer unha visión íntima e profunda sobre a vida e as emocións do intelectual galeguista.

As gravacións comezaron este luns no IES Rosalía de Castro, e continuarán na capital galega a vindeira semana. O luns 9 de setembro, o equipo de rodaxe estará na praza de Santo Agostiño, mentres que o xoves 12 as cámaras desprazaranse ao Pazo de Raxoi. Outras localizacións relevantes na vida de Castelao, como Rianxo, Pontevedra, así como Muros, Fisterra, Silleda e Negreira, tamén serán escenario desta produción.

No papel de Castelao, o actor Xoán Fórneas interpretará ao protagonista, acompañado dun elenco destacado, que inclúe a Cris Iglesias como Virxinia Pereira, Nancho Novo como Sobral, o canteiro, e outros actores como Xoel Fernández, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Isabel Vallejo e Adrián Ríos.

Antes de Nós busca afondar en episodios cruciais da vida de Castelao, como o seu traballo como médico durante a gripe de 1918 en Rianxo e a súa viaxe a Bretaña en 1929, tras a perda do seu fillo Chuchiño. A cinta explora non só a figura de Castelao antes de ser o referente que hoxe coñecemos, senón tamén o contexto histórico de Galicia antes da Xeración Nós, ofrecendo unha mirada profunda sobre a relación entre Castelao e a súa muller Virxinia.

ÚLTIMAS

O PSOE abre expediente disciplinario a Mercedes Rosón

O Partido Socialista abriu un expediente disciplinario á concelleira compostelá, Mercedes Rosón, tras desatender...

Un incendio queima unha casa de madeira no recinto do antigo colexio Junior’s, na Silvouta

Os bombeiros traballan na tarde deste luns en apagar un incendio que devora unha...

Unha ruta interactiva polas rúas de Compostela lembra o traballo da fotógrafa Ruth Matilda Anderson na cidade

Unha ruta interactiva polas rúas e prazas de Santiago lembra o traballo da fotógrafa...

Unha ruta interactiva polas rúas de Compostela lembra o traballo da fotógrafa Ruth Matilda Anderson na cidade

Unha ruta interactiva polas rúas e prazas de Santiago lembra o traballo da fotógrafa...

O Festival Ateneo Barroco lanza o seu primeiro Club de Lectura

A sexta edición do Festival Ateneo Barroco, organizada polo Ateneo de Santiago, trae unha...

A Xunta inaugura unha exposición sobre Luísa Villalta no Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela acolle a mostra titulada 'Luísa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here