InicioCULTURAO Festival Ateneo Barroco lanza o seu primeiro Club de Lectura

O Festival Ateneo Barroco lanza o seu primeiro Club de Lectura

As sesións analizarán obras inspiradas en compositores barrocos como Bach e Froberger

Publicado o

Xornal de Compostela

A sexta edición do Festival Ateneo Barroco, organizada polo Ateneo de Santiago, trae unha novidade: o seu propio Club de Lectura. A proposta, que se desenvolverá en outubro, permitirá aos participantes explorar dúas obras literarias inspiradas en compositores barrocos, ofrecendo unha experiencia enriquecedora para os amantes da música e da literatura.

As dúas sesións programadas analizarán os libros El Amor el mar, de Pascal Quignard e Contrapunto. Recuerdos de Bach y de duelo, de Philip Kennicott, ambos dispoñibles na Libraría Numax cun desconto do 5%. A primeira sesión terá lugar o venres, 4 de outubro, ás 19:00 horas na sede do Ateneo de Santiago, e será coordinada por Carlos Valdés, editor e fundador de Irmás Cartoné. A segunda celebrarase o mércores, 16 de outubro, ás 20:00 horas en Numax, baixo a coordinación das xornalistas e libreiras Olaia Tubío e María Villamarín.

A participación no Club de Lectura é gratuíta, pero require inscrición previa no correo ateneo@ateneodesantiago.gal, con prazas limitadas. As persoas interesadas poden anotarse a unha ou ambas sesións, segundo a dispoñibilidade.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Aberto26 abrirá a tempada da arte contemporánea con exposicións simultáneas en nove galerías galegas

A cuarta edición de 'Aberto' celebrarase do 17 ao 19 de setembro cun programa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here