InicioCULTURAUnha ruta interactiva polas rúas de Compostela lembra o traballo da fotógrafa...

Unha ruta interactiva polas rúas de Compostela lembra o traballo da fotógrafa Ruth Matilda Anderson na cidade

Percorre as prazas de Fuenterrabía, Toural e Mazarelos, rúa de Tras San Fiz de Solovio, a praza de Abastos, rúa de Casas Reais, praza da Quintana, pazo de Fonseca, rúas do Franco e Entrecercas, o Colexio de San Clemente e a Alameda. Estas rutas celebraranse entre o 26 e o 28 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha ruta interactiva polas rúas e prazas de Santiago lembra o traballo da fotógrafa Ruth Matilda Anderson, que visitou a cidade ata en cinco ocasiones. A concelleira de Capital Cultural e Memoria Histórica, Míriam Louzao, e Xiana Iglesias, socia da cooperativa Maos Innovación Social que desenvolve o paseo, presentaron este luns a actividade, que conmemora o centenario da primeira expedición fotográfica de Anderson a Compostela.

As rutas presenciais celebraranse entre o 26 e o 28 de setembro e seguirán os pasos da fotógrafa pola cidade, que retratou como encargo da Hispanic Society of America entre 1924 e 1926. A concelleira destacou o traballo de Anderson como “un relato visual imprescindible de Galicia nun caudal de instantáneas de técnica impecable e exquisita sensibilidade, co que retratou a complexidade social da comunidade a comezos do século XX, botando por terra representacións estereotipadas do país”.

Ademais, sinalou que o paseo “permitirá revisar a profunda pegada dunha muller singular que fixo fronte tamén a múltiples prexuízos para achegarnos outra maneira de mirar”. Xiana Iglesias, pola súa banda, comentou que a ruta permite aproximarse a “un dos traballos de fotografía documental máis extensos e exhaustivos que se fixeron no país e á muller que o fixo posible”. Ademais das fotografías, inclúense anécdotas e reflexións que Anderson compartiu no volume Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and A Coruña e doutras sacadas do diario do seu pai.

A ruta, ‘Ruth e o Leviatán’ (Leviatán era o nome co que Anderson bautiza a unha das pesadas cámaras que trae a Galicia), percorre as prazas de Fuenterrabía, Toural e Mazarelos, rúa de Tras San Fiz de Solovio, a praza de Abastos, rúa de Casas Reais, praza da Quintana, pazo de Fonseca, rúas do Franco e Entrecercas, o Colexio de San Clemente e a Alameda. Segundo explicaron, para percorrer estas 12 paradas necesítanse preto de dúas horas. Hai 30 prazas dispoñibles por visita, para o que hai que apuntarse na páxina web ruthmatilda.gal.

A primeira sesión do itinerario desenvolverase ás 19 horas do xoves 26 de setembro, o día no que se fan exactamente 100 anos da súa primeira visita á cidade. As seguintes serán o venres 27, no mesmo horario, e o sábado 28, en dúas quendas: ás 11.30 horas e ás 17.00 horas. Ademais, tamén pode realizarse de forma ‘autoguiada’, posto que en cada parada hai un vinilo cun código QR que leva ás imaxes e á información, en galego e inglés.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...