InicioCULTURAA maxia da mitoloxía galega no Monte Viso

A maxia da mitoloxía galega no Monte Viso

Este roteiro ofrece unha experiencia única que combina natureza e lendas, destacando figuras mitolóxicas como as mouras, o tardo e as meigas. Un percorrido de 5 quilómetros que promete sorprender a camiñantes de todas as idades.

Publicado o

Por elenagonfer

No corazón de Galicia, Santiago de Compostela é famosa pola súa catedral e o histórico Camiño de Santiago. Con todo, máis aló dos seus coñecidos roteiros de peregrinación, atópase unha xoia oculta que combina a natureza coa rica mitoloxía galega: a Senda Mitolóxica do Monte Viso. Esta senda ofrece aos visitantes unha experiencia única que entrelaza o esplendor natural coas historias e lendas que deron forma ao folclore galego durante séculos.

 HISTORIA E ORIXE

A Senda Mitolóxica do Monte Viso foi inaugurada en 2015 como parte dun ambicioso proxecto do Concello de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia para revitalizar e preservar o patrimonio mitolóxico da rexión. O obxectivo era crear un espazo onde a natureza e a mitoloxía se atopasen, permitindo aos visitantes mergullarse nas lendas ancestrais mentres gozaban dunha contorna natural inigualable. Este proxecto foi recibido con entusiasmo tanto polos habitantes locais como polos turistas, converténdose rápidamente nun punto de referencia cultural e turístico.

PERCORRIDO POLA SENDA

O percorrido da senda abarca aproximadamente 5 quilómetros e está deseñado para ser accesible para persoas de todas as idades e niveis de condición física. Comeza na entrada do Monte Viso e serpentea ata o seu cume, ofrecendo vistas panorámicas da rexión. Ao longo do traxecto, os camiñantes atopan unha serie de estacións, cada unha dedicada a unha figura ou historia mitolóxica específica. Cada unha destas estacións está composta por unha estatua, creación do autor compostelán José manuel Méndez Rodríguez, e un panel explicativo. Non falaremos de todas as figuras que conforman a senda, xa que anímamos ós camiñantes que descubran cada unha delas, pero falaremos de tres:

A cova das mouras: estas mulleres fermosas que adoitan sorprender a algunha persoa solitaria no amencer, preto da auga e peiteándose os cabelos louros cun peite de ouro, someten ós camiñantes a algunha proba. Con todo, tras esa beleza, escóndese unha enorme serpe. María, unha camiñante que visitou a senda coa súa filla, cóntanos que “a ubicación dos seres mitolóxicos na senda é fantástica, cando os vas descubrindo realmente parece que viven ahí”.

O recuncho do tardo: este ser é máis malvado que outros trasgos, ainda que tamén é covarde e ten medo dos cans e gatos. Aproveita a escuridade da noite para entrar nas casas e provocar pesadelos ás persoas que durmen. Para librarse del basta con deixar unha cunca con grans de millo. Como é moi curioso, comezará a contalos, pero como só sale contar ata dez, volverá a comezar unha e outra vez e pasará a noite sen molestar.

As coñecidas meigas: hai moitos tipos de meigas, e non todas son malas. Chámaselle meiga á muller que ten coñecementos de maxia e artes ocultas, como a capacidade de facer feitizos, males de ollo e adiviñación. A meiga chuchona é a máis perigosa de todas xa que lles chupa o sangue ós nenos. María cóntanos que “a meiga que se esconde nese mandil de cadros que é moi típico das señoras no rural, está moi lograda, e lévache a fantasear con que hai moitas meigas camufladas tras eses mandilóns, especialmente polas aldeas das montañas galegas que ainda gardan moitas tradicións”.

EXPERIENCIAS DE CAMIÑANTES

Najwa conta que fixo a senda coa súa parella e afirma que “a senda é bonita para facela un día en familia, con amigos ou ca túa parella, podes chegar a aprender moito sobre mitoloxía galega e chega a ser moi divertida, especialmente para os máis pequenos, as estatuas son moi graciosas”. “Podes pasar unha tarde moi entretenida e recomendaríalla a calquer persoa”, afirma. “A única parte negativa e que por tramos, a ruta, faise moi empinada”, explica.

Adrián, un camiñante, cóntanos que disfrutou moito da ruta “eu non son de aquí, e camiñar por estes bosques paréceme máxico“. Con todo, “doume pena que as figuras están descoidadas, ou sexa, fáltalles algunha parte do corpo e algunha desapareceu, ou polo menos a Breogán eu non o atopei”, afirma. “Se as arranxasen a senda gañaría moitísimo máis, pero gustoume, aprendín moito e ata me sorprenderon, pero non che vou dicir o que, para que o descubra cada quen”, explica rindo.

Senda Mitolóxica do Monte Viso é un tesouro cultural que ofrece unha xanela ás ricas lendas de Galicia. Coa súa combinación de arte, historia e natureza, convértese nun destino imperdible para aqueles que buscan explorar algo máis alá dos camiños tradicionais. A medida que continuamos descubrindo e preservando estas historias, a senda seguirá sendo un faro da cultura galega, iluminando o pasado e encantando ás futuras xeracións.

ÚLTIMAS

O busto de Santiago o Menor na catedral de Santiago: un misterio que espertou novas teorías

A catedral de Santiago de Compostela alberga unha reliquia que, malia ser pouco coñecida,...

O Concello de Ames estrea a súa programación cultural con teatro e maxia no último trimestre do ano

O Concello de Ames, a través do seu departamento de Cultura, abre a programación...

Aparece o corpo sen vida dun home nunha vía do tren en Vedra

A circulación de trens entre Ourense e Santiago estivo interrompida durante case tres horas...

A alcaldesa destaca a necesidade dun forte investimento no Estadio Verónica Boquete

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que o Estadio...

(VÍDEO) O día que Ronaldinho deixou marca en Santiago de Compostela

No 2004, en pleno ano santo en Galicia, a Xunta de Galicia decidiu levar...

O Festival Ateneo Barroco organiza un club de lectura e un concerto sobre a viola da gamba

O venres 4 de outubro, ás 19:00 horas, a sexta edición do Festival Ateneo...

O Festival Galicreques reúne 30 compañías con máis de 60 funcións en Santiago

O Festival Internacional Galicreques volve a Santiago de Compostela do 12 ao 20 de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here