InicioSOCIEDADEDetido no aeroporto de Santiago con 600 gramos de cocaína nunha faixa...

Detido no aeroporto de Santiago con 600 gramos de cocaína nunha faixa pegada ao abdome

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional detivo a un home no aeroporto Rosalía de Casto-Lavacolla de Santiago cando se dispuña a embarcar a un voo con 600 gramos de cocaína escondidos entre a súa roupa.

Segundo informou a Policía Nacional este xoves, os axentes que realizaban labores de seguridade na terminal compostelá localizaron na zona de saídas a un home sospeitoso. O home foi trasladado á comisaría santiaguesa, onde foi sometido a un rexistro no que comprobaron que levaba unha faixa á altura do abdome cun vulto.

Nel, portaba dous paquetes envasados ao baleiro que contiñan un po branco que, unha vez analizado, resultou ser 600 gramos de cocaína. O individuo foi arrestado e quedou a disposición do xulgado de instrución de garda de Santiago.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...