InicioSUCESOSUn novo atropelo en Santiago aviva as demandas veciñais por maior seguridade...

Un novo atropelo en Santiago aviva as demandas veciñais por maior seguridade viaria

A Rúa Frei Rosendo Salvado rexistra o segundo atropelo do día, sumando catro incidentes similares en dez días

Publicado o

Xornal de Compostela

Un novo atropelo tivo lugar este mércores na Rúa Frei Rosendo Salvado en Santiago de Compostela, aproximadamente ás 19:15 horas. A afectada é unha moza que foi trasladada de inmediato en ambulancia ao hospital para recibir atención médica. Ata o momento, descoñécese a gravidade das súas lesións.

Este incidente marca o segundo atropelo rexistrado na cidade durante a xornada de hoxe, sumándose a un total de catro accidentes similares nos últimos dez días. A situación está a xerar preocupación entre os veciños do Ensanche compostelano, que reclaman a instalación de semáforos na zona para mellorar a seguridade dos peóns e evitar futuros accidentes.

Os residentes levan tempo alertando sobre a crecente inseguridade viaria nesta área, especialmente en rúas moi transitadas como Frei Rosendo Salvado, onde solicitan medidas urxentes por parte das autoridades municipais.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here