InicioSUCESOSO envorco dun camión obriga a cortar temporalmente a N-525 ao seu...

O envorco dun camión obriga a cortar temporalmente a N-525 ao seu paso por Marrozos

O condutor conseguiu saír do vehículo polos seus propios medios sen necesidade de asistencia médica

Publicado o

Xornal de Compostela

O envorco dun camión con bañeira este venres, á altura do lugar da Susana, na parroquia de Marrozos, provocou o corte temporal da estrada N-525. O sinistro ocorreu sobre as 12:45 horas, segundo informa o servizo de emerxencias 112.

Varias persoas alertaron ao 112 do accidente, o que motivou a mobilización inmediata dos bombeiros e da Garda Civil de Tráfico. A pesar da gravidade do envorco, o condutor puido saír polos seus propios medios do vehículo, polo que non foi necesario prestarlle asistencia médica.

A circulación na N-525 foi restablecida pouco despois, unha vez que se asegurou a zona e se retirou o camión da calzada.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...