InicioSUCESOSAterraxe en Santiago retrásase pola presenza de cans nunha área restrinxida

Aterraxe en Santiago retrásase pola presenza de cans nunha área restrinxida

Un voo de Ryanair procedente de Londres atrasou a súa chegada 10 minutos tras detectarse dous cans soltos no aeroporto

Publicado o

Xornal de Compostela

O aeroporto de Santiago xestionou unha incidencia este xoves pola mañá cando a presenza de dous cans soltos nunha área restrinxida obrigou a atrasar a aterraxe dun voo procedente de Londres. Segundo informaron fontes de Aena, o suceso ocorreu arredor das 10:00 horas, cando o persoal de handling que traballaba na zona de manobras detectou os animais.

Ao tratarse dunha zona de acceso restrinxido, o aeroporto activou o procedemento de seguridade correspondente, e o servizo de control de fauna recolleu aos cans e retirounos da área.

Para garantir a seguridade das operacións, un voo de Ryanair procedente de Londres viu retrasada a súa aterraxe uns 10 minutos ata que os animais estiveron fóra do recinto. Aterrou sen maiores complicacións.

Os técnicos do aeroporto investigan agora como os cans accederon a esta área restrinxida para evitar futuras incidencias similares.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ferida tras chocar contra un xabaril nunha zona urbana de Santiago de Compostela

Unha muller resultou ferida este xoves en Santiago de Compostela tras chocar o coche...

Entrégase o mozo que apuñalou a outro na Alameda tras unha discusión pola súa noiva

O mozo acusado de apuñalar a outro na Alameda de Santiago o domingo 23...

Un coche envorcado con feridos tras un accidente con tres coches implicados en Santiago

Un accidente múltiple con tres coches implicados deixou a dúas persoas feridas en Santiago...