InicioSUCESOSTerceiro atropelo nas últimas 48 horas en Santiago: ferida unha persoa na...

Terceiro atropelo nas últimas 48 horas en Santiago: ferida unha persoa na rúa Poza de Bar

O suceso tivo lugar arredor das 18:30 deste martes

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha persoa resultou ferida na tarde deste martes ao ser atropelada nun paso de peóns na rúa Poza de Bar, en Santiago de Compostela, nas proximidades do centro histórico e da Alameda. Segundo fontes do 112, o suceso tivo lugar arredor das 18:30, cando un coche alcanzou a vítima mentres cruzaba a rúa.

A persoa que alertou ao 112 informou do atropelo, activando de inmediato a intervención do servizo de urxencias do 061 e da Policía Local, que se desprazaron ao lugar para atender a situación.

Este incidente converteuse no terceiro atropelo con feridos rexistrado na capital galega nun intervalo de 48 horas. Na madrugada do luns, a Policía Local detivo a un condutor que, baixo os efectos do alcol, atropelou a un traballador que estaba pintando a estrada, causando feridas de consideración.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ferida tras chocar contra un xabaril nunha zona urbana de Santiago de Compostela

Unha muller resultou ferida este xoves en Santiago de Compostela tras chocar o coche...

Entrégase o mozo que apuñalou a outro na Alameda tras unha discusión pola súa noiva

O mozo acusado de apuñalar a outro na Alameda de Santiago o domingo 23...

Un coche envorcado con feridos tras un accidente con tres coches implicados en Santiago

Un accidente múltiple con tres coches implicados deixou a dúas persoas feridas en Santiago...