InicioSUCESOSRestablecido o servizo de auga trala avaría no depósito das Cancelas

Restablecido o servizo de auga trala avaría no depósito das Cancelas

A avaría afectaba principalmente á rúa Fontiñas e deixou anegadas outras como Rodríguez de Viguri

Publicado o

Xornal de Compostela

O servizo de subministración de auga en Santiago de Compostela foi completamente restablecido tras solucionarse a avaría rexistrada no depósito da zona das Cancelas. Este incidente provocara problemas na subministración durante o mércores e a anegación de varias rúas, incluíndo a rúa Rodríguez de Viguri.

Viaqua, a compañía encargada do servizo, empregou un sistema alternativo para restablecer o subministro a todos os abonados afectados e anunciou a través das súas redes sociais que os traballos de reparación finalizarán o xoves, garantindo así a normalidade e a seguridade na rede de auga.

Inicialmente, informouse de que a avaría afectaba principalmente á rúa Fontiñas, pero finalmente tamén se viu afectada a zona de San Lázaro. O rápido restablecemento do servizo foi unha prioridade para a compañía e para o Concello, que traballaron conxuntamente para minimizar o impacto deste incidente nos usuarios da cidade.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...