InicioSUCESOSContinúa moi grave o mozo que sufriu a caída dun rocódromo

Continúa moi grave o mozo que sufriu a caída dun rocódromo

Hai hipóteses abertas como un fallo no cable de suxeición

Publicado o

Xornal de Compostela

O mozo que sufriu unha caída desde unha altura de oito metros nun rocódromo en Santiago permanece en estado moi grave na mañá deste mércores, segundo explican fontes hospitalarias a Europa Press. Sobre as 20.15 horas do pasado luns, un particular avisou ao 112 Galicia de que un mozo se precipitou cando estaba a practicar escalada nun centro de lecer situado no polígono de Costa Vella, na rúa República Checa.

Os membros da Policía Local desprazados ata onde se produciu o accidente detallaron que a persoa sufrira unha caída desde un oito metros de altura. Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, entre outros medios. Pola súa banda, fontes próximas á investigación indican que están abertas dilixencias e análises de probas. Así, hai hipóteses abertas como un fallo no cable de suxeición.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...