InicioSUCESOSEn estado moi grave un mozo de 30 anos nunha caída dun...

En estado moi grave un mozo de 30 anos nunha caída dun rocódromo en Santiago

O suceso ocorreu mentres a vítima realizaba escalada nun centro de lecer situado no polígono de Costa Vella

Publicado o

Xornal de Compostela

Un mozo de 30 anos atópanse estado moi grave tras sufrir unha caída de oito metros mentres practicaba escalada nun rocódromo en Santiago na tarde do pasado luns. Ata este establecemento situado no polígono de Costa Vella, en rúa República Checa, desprazouse o helicóptero con base medicalizada en Compostela.

Un particular avisou do suceso, sobre as 20:15 horas do luns, ao 112 Galicia. Expuña que o mozo se precipitou cando estaba a practicar escalada nun centro de lecer. Foron informados 061, Policía Nacional, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago, entre outros.

Os membros da Policía Local desprazados ata onde se produciu o accidente detallaron que a persoa sufrira unha caída desde un oito metros de altura. Pola súa banda, fontes próximas á investigación explican que ata o lugar desprazáronse membros da Policía científica e xudicial, con dilixencias abertas e análises de probas. Explican que hai hipóteses abertas como un fallo no cable de suxeición.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...