InicioSUCESOSIncautan 1.000 litros de gasóleo bonificado nunha empresa do Polígono do Tambre

Incautan 1.000 litros de gasóleo bonificado nunha empresa do Polígono do Tambre

O gasóleo púxose a disposición da dependencia provincial de Aduanas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Patrulla de Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia incautou 1.000 litros de gasóleo bonificado nunha empresa situada no Polígono do Tambre. Segundo informou o Instituto Armado, os axentes estaban a realizar un servizo propio de especialidade na zona, cando observaron un vehículo especial que cruzaba a vía.

Déronlle o alto para realizar un control do carburante que usaba e constataron que era gasóleo bonificado. Acto seguido, procederon a inspeccionar a empresa titular do vehículo e acharon un depósito con capacidade para 1.000 litros que contiña gasóleo tipo B. Os axentes cursaron as correspondente denuncias e incautaron o gasóleo atopado e que puxeron a disposición da dependencia provincial de Aduanas.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...