InicioSUCESOSO incendio na cociña dun piso da rúa Frei Rosendo Salvado obriga...

O incendio na cociña dun piso da rúa Frei Rosendo Salvado obriga a desaloxar a tres persoas

Ningunha delas necesitou asistencia médica.

Publicado o

Xornal de Compostela

Un incendio declarado nunha cociña dun edificio de Santiago obrigou a desaloxar a tres persoas, pero ningunha delas necesitou asistencia médica. Segundo informou o 112, o lume produciuse minutos antes das 14.00 horas deste sábado na terceira planta do número 19 da rúa Frei Rosendo Salvado, que permaneceu cortada durante os labores de extinción.

Os veciños que deron a voz de alarma explicaron que o fume saía polo portal e era visible mesmo desde o edificio de en fronte. Ata o punto acudiron os Bombeiros de Santiago, a Policía Local e Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Unha vez no lugar, os Bombeiros procederon a desaloxar aos residentes do piso afectado. Todo iso, como medida de seguridade durante os labores de extinción do incendio que comezou na cociña e estendeuse pola campá extractora e os mobles.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...