InicioSUCESOSFalece un home tras caer co seu vehículo ao río Tambre

Falece un home tras caer co seu vehículo ao río Tambre

Un particular deu a voz de alarma ás 14.55 horas, cando informou de que un vehículo caera ao río.

Publicado o

Xornal de Compostela

Un home faleceu este sábado en Santiago de Compostela tras caer co seu coche ao río Tambre, ao seu paso pola parroquia de Verdía. Leste era o único ocupante do vehículo. Un particular deu a voz de alarma ás 14.55 horas, cando informou de que un vehículo caera ao río e de que podía haber polo menos unha persoa no seu interior, segundo a información proporcionada polo 112 Galicia. A central de emerxencias solicitou a intervención do 061, os Bombeiros de Santiago, a Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil.

Poucos minutos despois da primeira chamada, o mesmo particular volveu contactar co 112 para comunicar que conseguiran sacar ao condutor do interior do vehículo e que, aparentemente, podería morrer. Finalmente, o persoal sanitario desprazado ata o lugar confirmou o falecemento do condutor.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...