InicioSUCESOSO CEP de Ventín de Ames abre con normalidade á espera de...

O CEP de Ventín de Ames abre con normalidade á espera de coñecer a orixe do brote de gastroenterite

Sanidade, que sitúa os afectados en torno ao centenar, volve tomar mostras de alimentos do comedor e avala o servizo.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames manterá o “normal funcionamento” dos servizos de conciliación municipal, concretamente os comedores escolares, co visto e prace da Consellería de Sanidade despois do brote de gastroenterite dos últimos días con ao redor dun centenar de afectados e do cal aínda se investiga a orixe.

Así se acordou nunha reunión celebrada este luns entre o goberno local e responsables da Consellería, un departamento que espera ter en próximos días os resultados das análises das mostras de alimentos do comedor e dos coprocultivos –análises das feces dos pacientes– para determinar a causa deste brote con epicentro no CEP de Ventín, aínda que tamén afectou ao CEIP Agro do Muíño.

Tras este encontro, o alcalde de Ames, o socialista Blas García, compareceu en rolda de prensa para confirmar o normal funcionamento deste servizo, que é municipal, e agradecer á Administración autonómica e ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, por porse a disposición do Concello “desde o primeiro momento”.

Ademais, o rexedor destacou a importancia dos protocolos dos comedores e a “profesionalidade” dos traballadores dos mesmos, o cal fai posible prestar este servizo a uns 1.500 usuarios: “Estamos moi orgullosos do noso persoal, da súa profesionalidade e do servizo que prestamos”.

Así mesmo, Blas García agradeceu a colaboración da ANPA, das direccións dos centros e do resto da comunidade educativa, cos que mantivo un contacto “permanente” para informarlles do ocorrido no menor tempo posible. “A nosa prioridade foi a de comunicar no menor espazo de tempo posible e da forma máis transparente calquera novidade sobre o desenvolvemento deste brote”, recalcou.

SANIDADE AVALA O SERVIZO

A decisión de manter dispoñibles os comedores adoptouse despois de que unha inspección de saúde pública, realizada pola Consellería, determinase que as instalacións, o persoal e as prácticas de actividade alimentaria “cumpren cos protocolos establecidos”. Segundo traslada Sanidade, na reunión tamén se acordou –mentres se determina a orixe do brote– trasladar recomendacións á poboación para evitar posibles contaxios.

Así, o departamento sanitario da Xunta, ademais de insistir na necesidade de extremar as medidas de hixiene tanto nos propios centros como nos domicilios para evitar contagios, trasladou ao Concello está guía para que a distribúa entre a comunidade escolar.

ÚLTIMAS

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...