InicioSUCESOSDúas persoas resultan feridas tras seren atropeladas por un vehículo na rúa...

Dúas persoas resultan feridas tras seren atropeladas por un vehículo na rúa Rosalía de Castro

Un dos feridos é un home de 82 anos, que foi trasladado en ambulancia de soporte vital avanzado ao Hospital Clínico de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste venres en Santiago de Compostela tras seren alcanzadas por un vehículo cando cruzaban a rúa Rosalía de Castro. O accidente produciuse pouco despois das 09:00, á altura do número 1 desta vía, segundo informaron Press fontes do 112.

De acordo coa información facilitada por testemuñas presenciais, o vehículo implicado alcanzou as dúas persoas mentres atravesaban a rúa por un paso de peóns. Tras o atropelo, o turismo acabou subindo á beirarrúa.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, de Protección Civil e do 061, que prestaron asistencia ás persoas feridas. O servizo sanitario trasladou dous feridos, un deles un home de 82 anos, que foi derivado nunha ambulancia de soporte vital avanzado ao Hospital Clínico de Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...