InicioSUCESOSA Policía Nacional intervén 250 doses de cocaína nun operativo contra o...

A Policía Nacional intervén 250 doses de cocaína nun operativo contra o tráfico de drogas

A xuíza decreta o desaloxo inmediato dos dous pisos ocupados no Ensanche e en Vistalegre

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional interveu un total de 250 doses de cocaína e unha cantidade “algo menor” de haxix no operativo contra o tráfico de drogas que efectuou o pasado venres en dous pisos de Santiago e que se saldou con catro detidos, que seguen investigados a pesar de quedar en liberdade. Segundo informaron fontes policiais, un dos inmobles atópase na rúa de Alfredo Brañas, no Ensanche compostelán, e o outro está situado no barrio de Vista Alegre. O primeiro deles funcionaba como punto de venda e consumo, mentres que o segundo unicamente operaba para a venda de estupefacientes. Ademais das sustancias, os axentes tamén incautaron 2.000 euros en moeda fraccionada, unha báscula para pesar as doses, dous coitelos de monte, un machete, un fusil simulado e unha escopeta de perdigóns.

Esta información transcendeu despois de que a xuíza titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago levantase o segredo das actuacións decretado inicialmente. Na mañá do sábado, as catro persoas detidas pasaron a disposición xudicial e foron postas en liberdade. Con todo, seguen investigadas por un delito de tráfico de drogas, de usurpación de bens inmobles e de tenencia ilícita de armas. Ademais, a maxistrada impuxo a obrigación do desaloxo inmediato das vivendas ocupadas, poñendo fin á actividade ilícita que se desenvolvía nestes puntos da cidade.

ÚLTIMAS

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...