InicioSUCESOSO xulgado deixa en liberdade as catro persoas detidas polos narcopisos do...

O xulgado deixa en liberdade as catro persoas detidas polos narcopisos do Ensanche de Santiago

As persoas arrestadas continúan investigadas por tráfico de drogas, usurpación de bens inmobles e tenencia ilícita de armas, mentres o xulgado ordena o desaloxo inmediato das vivendas ocupadas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela decretou a posta en liberdade das catro persoas detidas este venres no marco dun operativo policial contra o tráfico de drogas no barrio do Ensanche, aínda que todas elas continúan investigadas por este delito, así como por usurpación de bens inmobles e tenencia ilícita de armas.

As persoas arrestadas pasaron na mañá deste sábado a disposición xudicial, momento no que se lles comunicou a decisión. Segundo indicaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a resolución inclúe tamén a obriga de desaloxo inmediato das vivendas ocupadas nas que, supostamente, se desenvolvía a actividade delituosa.

A intervención centrouse en varios inmobles situados no Ensanche compostelán, que, segundo a investigación, estarían a funcionar como puntos de venda de droga. O operativo foi desenvolvido pola Policía Nacional tras recibir unha serie de denuncias veciñais que alertaban da existencia de narcopisos nesta zona da cidade.

Nun primeiro momento, fontes policiais apuntaran a que se podían ter practicado entre catro e cinco detencións. Porén, posteriormente, fontes xudiciais confirmaron que foron finalmente catro as persoas detidas, as mesmas que compareceron este sábado ante o xulgado.

O caso continúa agora en fase de instrución e o xulgado acordou ademais o segredo das actuacións, polo que polo momento non transcenderon máis detalles sobre o alcance da investigación nin sobre o material intervido durante o operativo. A actuación xudicial e policial prodúcese despois das queixas trasladadas por residentes da contorna, que viñan advertindo da situación en varias vivendas da zona.

ÚLTIMAS

Ferroglobe solicita ampliar un 30% a mina de Serrabal entre Vedra e Boqueixón

Ferroglobe, a antiga Ferroatlántica, iniciou os trámites para ampliar a superficie da mina de...

Santiago expón o seu modelo urbano ante unha delegación da Academia China de Ciencias Sociais

O modelo de cidade de Santiago de Compostela centrou este xoves unha reunión entre...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...