InicioSUCESOSO subministro eléctrico en Santiago recupera a normalidade tras dúas avarías provocadas...

O subministro eléctrico en Santiago recupera a normalidade tras dúas avarías provocadas polo temporal

As incidencias afectaron a arredor de 4.000 persoas e quedaron resoltas ao longo da madrugada deste venres, segundo informou a compañía subministradora

Publicado o

Xornal de Compostela

O subministro eléctrico en Santiago de Compostela recobrou a normalidade na madrugada deste venres despois de dúas avarías provocadas polo temporal, que deixaron sen luz a unhas 4.000 persoas en distintos puntos da cidade.

Segundo fontes de Naturgy, a primeira incidencia produciuse arredor das 17:36 do xoves, cando a caída dunha árbore sobre unha liña eléctrica interrompeu o servizo a unhas 1.000 persoas. Para garantir a subministración mentres se realizaban os traballos de reparación, a compañía activou tres grupos electróxenos, o que permitiu restablecer completamente o servizo sobre as 05:30 deste venres.

A segunda avaría rexistrouse ás 18:12 do xoves e estivo relacionada coa treboada, que deixou máis de 200 raios en Galicia ao longo da xornada. Esta incidencia afectou a arredor de 3.000 persoas e a subministración quedou reposta cara á medianoite.

Desde a compañía indicaron que os equipos técnicos traballaron de forma continuada para resolver as incidencias e restablecer o servizo no menor tempo posible, nun contexto marcado polas condicións meteorolóxicas adversas.

ÚLTIMAS

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Santiago comparte con Cuba, México e Cabo Verde as súas políticas para compatibilizar o turismo coa vida veciñal

O Concello de Santiago de Compostela recibiu este xoves unha delegación institucional procedente de...

Área Central acolle unha exposición que recupera a historia ferroviaria da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle

O centro comercial Área Central acolle dende este xoves, 22 de outubro, a exposición...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...