InicioSUCESOSDous accidentes múltiples provocados por unha granizada deixan varios feridos na área...

Dous accidentes múltiples provocados por unha granizada deixan varios feridos na área de Compostela

Os sinistros rexistráronse á primeira hora da mañá na AP-9 e na AG-6, coincidindo cun episodio de forte treboada na comarca

Publicado o

Xornal de Compostela

Dous accidentes múltiples rexistrados na área de Santiago de Compostela á primeira hora deste venres saldáronse con varias persoas feridas, nunha mañá marcada por unha granizada intensa que afectou á capital galega e á súa contorna. Os sinistros producíronse arredor das 08:30, coincidindo co empeoramento repentino das condicións meteorolóxicas.

Segundo informaron fontes do 112, un dos accidentes tivo lugar no quilómetro 69 da AP-9, en sentido A Coruña, onde se viron implicados catro turismos e un camión. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas, dúas delas condutoras, que tiveron que ser excarceradas polos bombeiros debido á gravidade do sinistro. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, bombeiros, Tráfico e servizos de mantemento da autoestrada para atender ás vítimas e restablecer a circulación.

De maneira case simultánea, ás 08:30, produciuse outro accidente múltiple na AG-6, no quilómetro 6, á altura de Ortoño, no concello de Ames. Neste caso, estiveron implicados catro vehículos, e catro persoas tiveron que ser trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago para a súa avaliación médica.

Desde a Garda Civil da Coruña advertiron de que o episodio de meteoroloxía adversa está a provocar un regueiro de sinistros nas principais vías rápidas da provincia. En concreto, indicaron que na AG-56 se contabilizaron tres accidentes, ademais doutros rexistrados na AP-9 ao longo da mañá.

Ante esta situación, os efectivos de Tráfico realizaron un chamamento á prudencia, solicitando aos condutores adaptar a velocidade ás condicións das vías e seguir en todo momento as recomendacións dos servizos de emerxencias, especialmente en episodios de choiva intensa ou granizada que reducen de forma significativa a adherencia e a visibilidade.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...