InicioSUCESOSNovo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Os clientes foron desaloxados tras orixinarse un lume entre a campá e a cheminea, nun local con reiterados antecedentes dende 2009

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante do Asador Gonzaba, situado na rúa Nova de Abaixo, no centro de Santiago. O incidente obrigou ao desaloxo dos clientes que se atopaban ceando no interior do establecemento, despois de que se producise un incendio que xerou unha importante humareda no baixo do edificio.

Segundo a información recollida, o lume orixinouse entre a campá extractora e a cheminea, unha zona especialmente sensible que provoca unha rápida acumulación de fume no interior do local. A situación foi atendida polo turno de garda dos bombeiros, que tivo que cortar a rúa para poder operar con seguridade e despregar os medios necesarios para a intervención.

Tal e como explicaron os servizos de emerxencias, tratábase dun fogo incómodo, xa que ademais de afectar ao baixo do establecemento polo fume, tamén era necesario actuar directamente na cheminea. Para iso, os efectivos empregaron a escaleira mecánica co obxectivo de acceder ao tellado do edificio e atacar o foco desde o exterior.

Os bombeiros traballaron no lugar cun lume xa controlado, que previsiblemente se orixinou pola acumulación de feluxe e graxas na estrutura exterior do sistema de extracción de fumes, unha circunstancia habitual neste tipo de instalacións cando non se produce unha limpeza adecuada ou periódica.

Segundo indicaron fontes veciñais a Xornal de Compostela, no operativo participaron dende aproximadamente as 23:00 ata a medianoite dous camións e un coche de bombeiros, así como dous coches da Policía Local e un da Policía Nacional.

Este novo episodio engádese a unha longa lista de antecedentes no mesmo local. O primeiro incendio rexistrouse en 2009, afectando tamén ao sistema de extracción de fumes. Posteriormente producíronse novos incidentes nos anos 2021 e 2022, así como outro incendio recentemente en agosto de 2025. O ocorrido este xaneiro de 2026 converteuse así no máis recente dunha serie recorrente.

Polo momento, non se comunicaron danos persoais, nin se informou de medidas adicionais máis alá da intervención dos servizos de emerxencia, á espera de que se esclarezan as circunstancias exactas do sucedido e se avalíe o estado das instalacións do restaurante tras o incendio.

ÚLTIMAS

Maite Flores propón a Xosé Antón Freire como xerente da USC se gaña as eleccións do día 11

A catedrática de Óptica e candidata á Reitoría da USC, Maite Flores, anunciou que...

Santiago conmemora o 8M cunha campaña centrada en Begoña Camaño e actividades participativas en toda a cidade

O Concello de Santiago presentou este martes o programa de actividades co gallo do...

Borja Verea acusa a Goretti Sanmartín de “enfadarse por gañar” e pídelle que vote a favor da concesión da auga

O portavoz do Partido Popular no Concello de Santiago, Borja Verea, cargou este luns...

Marta Abal reclama desbloquear a concesión do servizo de auga en Santiago ante unha rede “crítica e insostible”

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, advertiu este martes en...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...

Unha colisión múltiple na autovía Lugo-Santiago deixa polo menos un ferido

Un accidente na autovía Lugo-Santiago (A-54), que ocorreu na contorna da parroquia de Lavacolla...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here