InicioSUCESOSA Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A investigación reábrese tras detectarse unha intoxicación severa por monóxido de carbono nunha vivenda da mesma rúa a finais de decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de dúas persoas en senllas vivendas da rúa do Hospitaliño podería estar relacionado cunha posible fuga de gas, e non con causas naturais, como se concluíra nun primeiro momento.

Segundo fontes municipais e tal e como adiantou El Correo Gallego, a reapertura das dilixencias prodúcese tras un episodio rexistrado o 23 de decembro, cando unha nai e a súa filla, residentes na mesma rúa, tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico Universitario de Santiago por unha intoxicación severa de monóxido de carbono.

Naquel momento, efectivos dos Bombeiros de Santiago desprazáronse ata a vivenda afectada, onde confirmaron a presenza de niveis deste gas, aínda que indicaron que non se detectara combustión no interior do inmoble.

A concatenación destes feitos levou agora ás autoridades a revisar as conclusións iniciais sobre as dúas mortes rexistradas na mesma rúa, en vivendas distintas, co obxectivo de determinar se existe relación entre ambos os falecementos e unha posible fuga de gas ou se, pola contra, se mantén a hipótese de causas naturais. A investigación permanece aberta á espera de novas comprobacións técnicas e informes.

ÚLTIMAS

United Airlines manterá en 2027 a conexión entre Santiago e Nova York

O Concello de Santiago valorou como unha "moi boa noticia" a decisión de United...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...