InicioSUCESOSEntrégase o mozo que apuñalou a outro na Alameda tras unha discusión...

Entrégase o mozo que apuñalou a outro na Alameda tras unha discusión pola súa noiva

Queda en liberdade con medidas de afastamento despois de acudir voluntariamente ao xulgado; a vítima, ferida con dúas coiteladas, evoluciona fóra de perigo

Publicado o

Xornal de Compostela

O mozo acusado de apuñalar a outro na Alameda de Santiago o domingo 23 de novembro entregouse voluntariamente no xulgado de garda. Tal e como trasladaron fontes da Policía Nacional a Europa Press, o mozo quedou en liberdade con medidas cautelares e de afastamento coa vítima.

Segundo relatan fontes da Policía Nacional, ao redor das 20.30 horas na Alameda, a vítima “meteuse” coa noiva do outro, o que xerou unha discusión. O segundo asestoulle dúas puñaladas ao primeiro cunha arma branca; despois, o agresor deuse á fuga. O mozo ferido foi trasladado ao CHUS e, “a súa vida non corre perigo”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...