InicioSUCESOSO home que vivía espido nos soportais de Cervantes trasládase agora á...

O home que vivía espido nos soportais de Cervantes trasládase agora á contorna de San Bieito, a escasos metros

O home, que leva meses xerando queixas veciñais e rexeitando axuda dos Servizos Sociais, estableceuse agora tras a igrexa de San Bieito tras recibir unha orde de afastamento

Publicado o

Xornal de Compostela

O home que permanecía espido nos soportais da Praza de Cervantes até o pasado sábado reapareceu nas últimas horas noutro punto do Casco Histórico de Santiago de Compostela, a escasos metros do anterior. Trátase dunha persoa sen fogar que, segundo confirman fontes veciñais, leva meses protagonizando incidentes na zona e xerando preocupación entre residentes e comerciantes polo seu comportamento e pola falta de hixiene no espazo público.

Os Servizos Sociais do Concello de Santiago interviron en varias ocasións para ofrecerlle roupa e aloxamento, sen éxito. Tal e como explican fontes municipais, o home ten rexeitado de maneira reiterada calquera tipo de asistencia, o que dificultou unha solución estable á súa situación.

Tras abandonar Cervantes o sábado, o home foi visto na rúa do Preguntoiro anunciando que marchaba da cidade. Non obstante, segundo publicou esta mañá El Correo Gallego, percorreu diferentes rúas do centro histórico buscando un novo lugar onde refuxiarse. Nun primeiro momento tentou permanecer nun establecemento de máquinas de venda automática, pero foi desaloxado polos responsables do local ao ser detectado polas cámaras de vixilancia.

Finalmente, decidiu asentarse nos soportais situados detrás da igrexa de San Bieito, no Cantón de San Bieito.

Segundo explicou a El Correo Gallego, un comerciante da praza de Cervantes, o traslado non se produciría por vontade propia. O home tería recibido unha orde xudicial de afastamento de 100 metros sobre a cafetería A Gramola, tras varios altercados rexistrados no local e as correspondentes denuncias presentadas polos seus responsables. A medida, decretada polo Xulgado de Santiago, manterase vixente ata a celebración do xuízo.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here