InicioSUCESOSA Garda Civil investiga tres pasaxeiros por furtos en tendas dentro da...

A Garda Civil investiga tres pasaxeiros por furtos en tendas dentro da terminal do aeroporto de Santiago

Os sospeitosos empregaban o ‘método da matrioshka’ para ocultar produtos de valor en maletas pequenas subtraídas nos establecementos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sección Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil do Aeroporto Rosalía de Castro-Santiago de Compostela investiga a tres homes como presuntos autores dun delito de furto cometido en varios establecementos situados na zona restrinxida de seguridade da terminal compostelá.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos producíronse cando os axentes sorprenderon os tres pasaxeiros dun voo con destino a Madrid mentres furtaban distintos artigos en comercios do recinto aeroportuario.

Os investigadores explican que os homes empregaban o coñecido ‘método da matrioshka’, consistente en acceder á terminal sen equipaxe de man, subtraer unha maleta pequena nunha das tendas e utilizala para agochar no seu interior outros produtos de elevado valor e tamaño decrecente, como mochilas, billeteiras, perfumes e cremas faciais.

Durante a acción, dous dos implicados distraían o persoal dos establecementos interesándose por distintos artigos, mentres o terceiro aproveitaba para realizar as subtraccións.

A Garda Civil procedeu a abrir investigación aos tres homes como presuntos autores dun delito de furto e recuperou todos os efectos sustraídos, que foron posteriormente devoltos aos seus lexítimos propietarios.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...