InicioSUCESOSUn incendio calcina unha furgoneta e causa danos noutros cinco vehículos nas...

Un incendio calcina unha furgoneta e causa danos noutros cinco vehículos nas Brañas de Sar

A Policía Nacional investiga a orixe intencionada dun lume declarado de madrugada nun aparcadoiro improvisado preto de Clara Campoamor

Publicado o

Xornal de Compostela

Un incendio rexistrado arredor das 04:20 da madrugada deste mércores nas Brañas de Sar deixou unha furgoneta completamente calcinada e provocou danos noutros cinco vehículos estacionados na zona. O lume declarouse nun espazo sen habilitar para o aparcamento, próximo á pista que une Clara Campoamor con Sar, segundo confirmaron fontes policiais, preto da Estación Intermodal.

A Policía Nacional e os servizos de bombeiros apuntan a que o suceso puido ser intencionado, xa que a furgoneta afectada presentaba signos de manipulación e algúns dos coches próximos tiñan cristais rotos e danos na carrocería. A investigación permanece aberta para determinar a autoría e as circunstancias do incendio.

Malia producirse nunha zona con abundante vexetación, a choiva caída nas últimas horas evitou a propagación das lapas cara ao entorno natural. Non houbo que lamentar danos persoais.

TRASLADO DOS BOMBEIROS A PICAÑOS

Pouco despois de intervir nas Brañas de Sar, os bombeiros tiveron que desprazarse de urxencia ata Picaños, onde se declarou outro lume nun galpón situado preto de vivendas.

Segundo informaron fontes do servizo de emerxencias, o incendio afectou a unha construción empregada como almacén de ferramentas e útiles agrícolas, o que incrementou o risco pola presenza de materiais inflamables.

O operativo conseguiu controlar as lapas sen danos persoais nin estruturais graves, aínda que se investigan as causas do suceso. As primeiras hipóteses apuntan a un posible curtocircuíto ou subida de tensión eléctrica, sen indicios de intencionalidade.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here