InicioSUCESOSDesactivan unha macroconcentración de coches na Sionlla, cuns 150 condutores denunciados

Desactivan unha macroconcentración de coches na Sionlla, cuns 150 condutores denunciados

O operativo efectuouse na noite do pasado venres ao sábado

Publicado o

Xornal de Compostela

Policía Local de Santiago informou de que un operativo especial que activou na noite do venres 10 ao sábado por mor dunha concentración de vehículos no Polígono da Sionlla, saldouse cunhas 150 denuncias. Houbo 98 por excesos de velocidade e 51 por infraccións administrativas –a maioría por accións de ‘tuning‘ sen homologación–. Outras cursáronse por faltas de respecto e consideración.

A Policía Local de Santiago de Compostela tivo coñecemento de que se realizou unha convocatoria a través das redes sociais para unha macroconcentración de vehículos para o venres 10 de outubro ás 23.00 horas no polígono industrial da Sionlla. Ante a posibilidade de que a convocatoria puidese contar coa afluencia dun número elevado de vehículos e de persoas e en previsión de posibles incidentes deseñouse un dispositivo especial de control para a dita concentración.

REFORMAS EN VEHÍCULOS SEN HOMOLOGAR

No dispositivo participaron un número importante de axentes que pecharon ao tráfico varias rúas do polígono obrigando así os vehículos que acudían á concentración a circular pola zona onde se estableceron os oportunos controis. Pasado este filtro, os vehículos tiñan que ir abandonando o parque empresarial da Sionlla.

En total, controláronse 450 vehículos e os axentes impuxeron 98 denuncias por exceder a velocidade permitida en distintos puntos de control e 51 denuncias por infraccións administrativas, a gran maioría delas por realizar reformas de importancia nos vehículos sen contar coa correspondente homologación.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Falece o neurocirurxián do CHUS Ramón Domingo Martínez-Rumbo, pioneiro en Galicia na cirurxía do Párkinson

O falecemento aos 86 anos do neurocirurxián Ramón Domingo Martínez-Rumbo del Castillo, nado na...

Outro corte do túnel do Hórreo por falta de policías

O túnel do Hórreo, que dá acceso a Santiago pola SC-20, volverá estar cortado,...