InicioPOLÍTICAInvestigado un profesor de autoescola de Santiago por impartir clases prácticas sen...

Investigado un profesor de autoescola de Santiago por impartir clases prácticas sen certificado

A comisión deste tipo de infraccións pode levar á imposición de sancións económicas de ata 3.000 euros, segundo lembra a Garda Civil

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil denunciou a un profesor de autoescola de Santiago de Compostela por impartir clases prácticas para a obtención do permiso de conducir da clase C para camións a pesar de carecer do correspondente certificado de aptitude necesario para tal fin.

Tal como informaron as forzas de seguridade nun comunicado, foi grazas á colaboración cidadá como os axentes tiveron coñecemento da posible existencia de persoas que exercían a función docente en autoescolas sen a habilitación obrigatoria.

A partir de aí, comezou a investigación, que culminou o pasado 10 de setembro coa inspección dun vehículo pesado propiedade dunha autoescola santiaguesa, confirmándose que a persoa que estaba a impartir as clases prácticas carecía de título.

A comisión deste tipo de infraccións pode levar á imposición de sancións económicas de ata 3.000 euros, segundo lembra a Garda Civil.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...