InicioSUCESOSBuscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

Fontes municipais indican que foi un incendio "algo complicado e perigoso" pola proximidade ás vivendas, aínda que non houbo desaloxo de ningunha

Publicado o

Xornal de Compostela

Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao cemiterio de Boisaca na mañá do martes, despois de que recibisen unha denuncia por estes feitos. O lume foi declarado ás 11.57 horas na rúa das Mulas, no barrio de Meixonfrío, onde está situada unha das entradas ao cementario. A Consellería do Medio Rural desprazou a un axente, dúas brigadas e unha motobomba, á vez que tamén se mobilizaron os Bombeiros de Santiago, que informan de que xa está controlado.

Fontes municipais indican que foi un incendio “algo complicado e perigoso” pola proximidade ás vivendas, aínda que non houbo desaloxo de ningunha. Os efectivos de extinción continúan, durante as primeiras horas da tarde, refrescando a zona. Ata alí acudiron de igual forma voluntarios de Protección Civil e a Policía Local, que recibiu a denuncia dun posible sospeitoso de provocar un incendio e está ao buscar.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...