InicioSUCESOSArde unha vivenda na rúa Algalia de Abaixo durante a madrugada

Arde unha vivenda na rúa Algalia de Abaixo durante a madrugada

O incendio, orixinado nunha casa deshabitada no centro histórico de Santiago, quedou extinguido en media hora e non causou danos persoais

Publicado o

Xornal de Compostela

Un incendio rexistrado na madrugada deste sábado activou todas as alarmas no centro histórico de Santiago, ao declararse nunha vivenda da rúa Algalia de Abaixo, unha das máis coñecidas da zona vella. Segundo informaron fontes dos servizos de emerxencias, o lume foi detectado arredor das 03:15, momento no que os Bombeiros de Santiago recibiron o aviso e se desprazaron ao lugar dos feitos.

As lapas orixináronse nunha primeira planta, nun inmoble situado nunha área especialmente sensible pola súa alta densidade de edificacións antigas, moitas delas con interiores de madeira que favorecen a propagación do lume. Con todo, a rápida intervención do corpo de bombeiros permitiu controlar o incendio en pouco máis de trinta minutos.

Segundo se puido confirmar, a vivenda atopábase baleira no momento do suceso, polo que non se produciron danos persoais. A planta afectada, onde se iniciou o lume, resultou gravemente danada, aínda que o resto do edificio non sufriu consecuencias de consideración grazas á rápida actuación dos equipos de emerxencias.

As causas do incendio están aínda por determinar. Axentes da Policía Local e da Policía Nacional accederon ao inmoble durante a mañá para realizar unha primeira inspección e comezar a investigación que aclare a orixe do suceso.

Unha veciña da zona explicou a Xornal de Compostela que “había moito fume e cheiraba moi mal”. Asegura que se trata dunha casa okupa e corrobora que o fume era perceptible dende fóra da vivenda, o que podería ter acelerado a chamada aos servizos de emerxencia.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here