InicioSUCESOSDesarticulan unha organización que distribuía cocaína en Santiago e outros puntos de...

Desarticulan unha organización que distribuía cocaína en Santiago e outros puntos de Galicia, con catro detidos

A Policía Nacional interveu máis de 2 quilos de cocaína na capital galega

Publicado o

Xornal de Compostela

Policía Nacional desarticulou unha organización que distribuía cocaína en varios puntos de Galicia. Segundo informou nun comunicado, foron intervidos máis de dous quilos desta sustancia en Santiago de Compostela e hai catro persoas detidas.

Así, axentes da Policía Nacional iniciaron a tarde do día 6 de xaneiro a explotación operativa no marco da operación policial ‘Pantera Rosa Magnun’, que finalizou coa detención de catro membros dunha rede (dous homes e dúas mulleres) por supostos delitos contra a saúde pública, branqueo de capitais e pertenza a organización criminal.

Os dispositivos activados permitiron centrar a investigación nun chanzo superior e identificar a un home, que lideraba e fornecía de cocaína a varios puntos de menudeo do ensanche compostelán e a súa área de influencia, e que frecuentaba periodicamente co mesmo fin outras zonas das provincias da Coruña e Lugo. O investigado, segundo o relato policial, utilizaba moitas medidas de seguridade, trasladándose en vehículo ou en transporte público alternativamente, tentando así evitar ser detectado.

VIXILANCIAS E SEGUIMENTOS

Finalmente, tras múltiples vixilancias e seguimentos durante meses, púidose localizar os lugares onde se presumía que podía ter almacenada a droga, polo que se elaborou un dispositivo no que colaboraron diferentes unidades da Policía Nacional. O día da detención, foi interceptado nun vehículo acompañado por unha muller, tamén detida, onde se lle interveu nun compartimento oculto no motor do vehículo uns 350 gramos de cocaína.

VARIOS PUNTOS

Con este operativo considérase desarticulado esta armazón, que distribuía cocaína en todo a área da capital galega, realizándose na Coruña e Santiago de Compostela un total de cinco rexistros en domicilios, trasteiros e locais. Outras dúas persoas máis son detidas pola venda de sustancias estupefacientes nun domicilio utilizado como punto negro en Santiago, e por facilitar o branqueo das ganancias produto das vendas.

O LÍDER, ENVIADO A PRISIÓN

As investigacións foron realizadas pola Brigada Local de Policía Xudicial, Grupo de Estupefacientes da Comisaría Local de Santiago de Compostela, en investigación conxunta co Grupo de Estupefacientes da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Lugo, contando coa colaboración operativa da Brigada de Seguridade Cidadá de Santiago de Compostela. O suposto líder da organización criminal foi enviado a prisión polo Xulgado de Instrución de Garda de Santiago.

ÚLTIMAS

O Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS recoñecido coa acreditación ISO 15189 pola súa “calidade asistencial”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago...

Antonio López reitera que Galicia debe manter unha única Facultade de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, reafirmou esta fin de...

As obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada afectarán ao tráfico na AC-241, en Teo, desde o vindeiro martes

O avance nas obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada (AG-59) fará necesaria a...

Os edís expulsados do PSOE esixen a Sánchez que se revise o seu caso, pois foi asinado por Santos Cerdán

Os catro edís de Santiago expulsados do PSOE --Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta...

O Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS recoñecido coa acreditación ISO 15189 pola súa “calidade asistencial”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago...

Antonio López reitera que Galicia debe manter unha única Facultade de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, reafirmou esta fin de...

Arde unha vivenda na rúa Algalia de Abaixo durante a madrugada

Un incendio rexistrado na madrugada deste sábado activou todas as alarmas no centro histórico...