InicioSUCESOSDúas persoas resultan feridas nunha colisión frontal en Teo

Dúas persoas resultan feridas nunha colisión frontal en Teo

O accidente rexistrouse na parroquia de Reis e os feridos foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Un home e unha muller resultaron feridos este mércores tras unha colisión frontal entre dous vehículos na parroquia de Reis, en Teo. Ambos foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago para recibir atención médica, segundo informaron fontes de Protección Civil.

O accidente tivo lugar arredor das 14:15 horas no quilómetro 9 da estrada AC-841. Un particular contactou co 112 para alertar do sinistro, indicando que un dos ocupantes dos vehículos implicados precisaba asistencia sanitaria. A pesar de que inicialmente se sinalou que un dos feridos estaba atrapado no interior dun dos coches, finalmente non foi necesaria a excarceración.

Ao lugar do accidente mobilizáronse efectivos do 061, os bombeiros de Ordes, o GES da Estrada, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil de Teo, ademais de persoal de mantemento da estrada para asegurar a zona.

ÚLTIMAS

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...