InicioSUCESOS(Vídeo) Consegue roubar en 21 coches en menos de dúas horas no...

(Vídeo) Consegue roubar en 21 coches en menos de dúas horas no Milladoiro… Ata que é detido

A Garda Civil da Coruña detivo a un home veciño de Teo acusado de 38 delitos contra o patrimonio, a práctica totalidade roubos no interior de vehículos

Publicado o

Xornal de Compostela

Garda Civil da Coruña detivo a un home veciño de Teo acusado de 38 delitos contra o patrimonio, a práctica totalidade roubos no interior de vehículos. Dáse a circunstancia de que 21 destes roubos cometeunos en menos de dúas horas, o mesmo día, no núcleo do Milladoiro e a súa contorna. A operación iniciouse a finais de outubro de 2023, tras a detección de numerosos roubos con forza no interior de vehículos, nos que o autor utilizaba pedras para romper as xanelas dos coches afectados. Estes roubos producíanse tanto en vehículos estacionados na vía pública como en garaxes comunitarios.

O 7 de outubro de 2024, procedeuse á detención dun home en relación con estes feitos, de 30 anos de idade e veciño de Teo. Impútanselle 38 delitos contra o patrimonio, en concreto 36 delitos de roubo con forza no interior de vehículos, un delito de roubo con forza mediante escalo, e un delito de estafa. O detido aproveitaba as últimas horas da tarde para cometer os roubos, percorrendo distintas rúas de Milladoiro e arredores. O seu ‘modus operandi’ consistía en romper as lúas dos vehículos con pequenas pedras e subtraer pertenzas como documentación, obxectos de valor e diñeiro en efectivo. Nun dos casos, utilizou un dos cartóns bancarios roubados para realizar unha compra nun establecemento de alimentación.

A investigación foi froito de case un ano de traballo exhaustivo e a colaboración cidadá “tamén foi clave para o éxito da operación”, destaca a Garda Civil. Finalmente, o 7 de outubro, o detido foi sorprendido ‘infraganti’ tras fracturar os portelos de 21 vehículos en menos de dúas horas, nas localidades de Milladoiro e en varios parkings do municipio de Teo. Ese mesmo día, ademais, cometera un roubo nunha empresa de autobuses dun concello costeiro, onde violentou dous autobuses estacionados. No momento da detención, o individuo portaba diversas pertenzas subtraídas dos vehículos danados, as cales foron devoltas aos seus lexítimos propietarios.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen en Teo o labor cultural e social de dezasete persoas e entidades

O Hotel Congreso, no concello de Teo, acolleu este venres a entrega da quinta...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...