InicioSANTIAGOKirk levanta parte do tellado do conservatorio e dalgunhas empresas no polígono...

Kirk levanta parte do tellado do conservatorio e dalgunhas empresas no polígono Costa Vella

Así o informou este mércores en rolda de prensa o concelleiro de Mobilidade e Covivencia, Xan Duro, que detallou que os Bombeiros, entre as 02.00 horas e as 11.00 horas desta xornada, realizaron 53 saídas

Publicado o

Xornal de Compostela

O exfuracán ‘Kirk’, xa convertido en borrasca, deixou un regueiro de incidencias en Santiago, con caídas de árbores, muros, rúas cortadas e levanta parte do tellado do conservatorio de música.

Así o informou este mércores en rolda de prensa o concelleiro de Mobilidade e Covivencia, Xan Duro, que detallou que os Bombeiros, entre as 02.00 horas e as 11.00 horas desta xornada, realizaron 53 saídas.

Delas, puntualizou, 45 foron por árbores e ramas caídas, tres por saneamento de fachadas, unha por inundacións, dúas por carteis caídos e dous por saneamento da vía pública.

No mediodía desta xornada, os efectivos aínda tiñan 42 incidencias sen atender xa que, debido ao volume de actuacións, tiveron que “priorizar as máis importantes”.

Tamén hai dous cortes de estradas por árbores caídas: un na rotonda de Vidán e outro na avenida de Lugo. As liñas de autobús máis afectadas foron a 6 e a 6A, a 5, as circulares e a 7.

“Bastantes das liñas xa funcionan con normalidade, hai outras que acumulan atrasos e algunhas están a regularizar os servizos”, detallou Xan Duro.

Con todo, as maiores afectacións foron no conservatorio de música, coa caída dunha parte do tellado; no colexio de Fontiñas, onde a caída dunha árbore provocou a ruptura dunha lumieira; o tellado dunha empresa do polígono Costa Vella está afectado; e o Centro Sociocultural da Trisca perdeu algunha chapa.

Nesta xornada tamén “houbo multitude” de cortes de luz e, actualmente, hai 400 luminarias sen luz por afección dos postes e a “normalidade irase recuperando”.

Nas estradas tamén “houbo bastantes bolsas de auga”, inundacións e un “pequeno desbordamento” en Brañas do Sar, onde está activado o nivel de prealerta.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...