InicioSUCESOS(Vídeo) O exfuracán Kirk deixa colapsos en toda a comarca: caída de...

(Vídeo) O exfuracán Kirk deixa colapsos en toda a comarca: caída de árbores, inundacións e caos no transporte

Numerosas árbores caídas provocaron retencións e cortes de circulación en Santiago e noutros puntos da comarca. Tamén voaron parte dos tellados do conservatorio e do estadio de San Lázaro.

Publicado o

Xornal de Compostela

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste mércores refachos de ata 150 km/h, estradas alagadas e problemas no tráfico ferroviario e aéreo.

Segundo informou Adif, a circulación ferroviaria entre Padrón e A Escravitude debido á caída dunha árbore sobre a infraestrutura. Sinalan que persoal de Adif traballa para solucionar a incidencia, que provocou o atraso de varios trens na liña que une A Coruña e Vigo. Ademais, a liña A Coruña – Ferrol, incluída a parada en Betanzos, está tamén cortada. Os transportes faranse por estrada.

CONEXIÓNS AÉREAS

As conexións aéreas tamén se viron afectadas, concretamente voos con orixe-destino Peinador (Vigo) e Alvedro (A Coruña). Air Europa cancelou este martes os voos entre Madrid e Vigo de primeira hora da mañá (6.40 e 10.40 horas) e os seus inversos, que despegaban ás 8.40 e 11.25 horas.

Tampouco despegaron os voos entre Madrid e A Coruña (6.40 horas) e o inverso das 11.10 horas.  Entre as incidencias, destaca a voadura do tellado do polideportivo do instituto de Porto do Son (A Coruña), que obrigou a suspender as clases.

Tellado caído no IES Porto do Son por efectos do temporal Kirk / remitida

CASE 400 INCIDENCIAS EN GALICIA

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, informou de que o 112 rexistrou unhas 371 incidencias e máis de 3.000 chamadas durante as primeiras horas da borrasca Kirk en Galicia.

“Como todo o mundo sabe, estamos a pasar unha borrasca de alta intenisdad que afectou en maior medida ás provincias de Pontevedra e A Coruña, e en menor medida, ás de Ourense e Lugo”, lembrou. Apuntou que as incidencias foron, sobre todo, caía de árbores e ramas nas estradas, xunto a obxectos de todo tipo.

CAÍDA DE ÁRBORES

En Santiago, árbores obstaculizaron o tráfico na Avenida de Lugo e Avenida Castelao. Ademais, un desprendemento de terra provocou retencións no corredor Noia-Santiago. Tamén houbo problemas nos tellados do estadio de San Lázaro e no Auditorio.

Os fortes refachos de vento tamén provocaron cortes de luz en diferentes puntos da xeografía galega, especialmente nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here