InicioSUCESOSO TSXG confirma a condena de 13 anos e medio de cárcere...

O TSXG confirma a condena de 13 anos e medio de cárcere ao home que matou a outro no exterior dun pub compostelán

Tamén se impuxo unha pena ao seu irmán, neste caso de cinco anos de cárcere

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña que, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 13 anos e medio de cárcere, como autor dun delito de homicidio, ao acusado de matar a un home, en xaneiro de 2023, no exterior dun pub en Santiago de Compostela.

Ao irmán do autor material, por agarrar e golpear á vítima, “o que facilitou que lle cravase a navalla”, impúxolle cinco anos de prisión, como autor dun delito de lesións dolosas en concurso cun delito de homicidio imprudente.

En ambos os casos tivo en conta a concorrencia da agravante de abuso de superioridade. A Audiencia tamén os condenou ao pago dunha indemnización de 290.000 euros á parella e ao fillo do falecido.

O TSXG ratifica agora o fallo fronte aos argumentos de Fiscalía e avogado da familia da vítima que pedían unha condena por asasinato e da defensa que pedía rebaixa da pena para o principal acusado e a absolución do seu irmán.

Segundo os feitos probados da sentenza, ratificados agora polo alto tribunal galego, os irmáns Víctor e Michael Delgado Holguín, de 21 e 29 anos e de orixe colombiana, mantiveron unha pelexa ás portas dun pub co dominicano Gregory Furcal, de 31 anos, o 2 de xaneiro de 2023.

APUÑALAMENTO

No transcurso da mesma, Víctor apuñalou polo menos en 3 ocasións á vítima, mentres que o seu irmán golpeábao e suxeitábao no chan. Unha das lesións lle seccionou a arteria femoral, o que provocou a súa morte uns días despois no Hospital Clínico de Santiago.

Finalmente, o xurado popular considerou probado que Víctor Delgado apuñalou a Gregory “con vontade ou intención de matar á vítima”, mentres que o seu irmán Michael “fíxoo con intención de lesionala, e advertiu a posibilidade de causarlle a morte, sen esperar que iso fose ocorrer”.

Para chegar a esta conclusión, o xurado baseouse en “o principal medio de proba existente”, unha gravación de vídeo realizada pola cámara dun ximnasio próximo.

No caso de Víctor Delgado, o xurado tivo en conta que empregou unha navalla que portaba con el, que dirixiu o ataque cara a zonas vitais e que os golpes foron reiterados, así como a súa intensidade, que se aprecia nas imaxes da gravación.

En canto ao seu irmán Michael Delgado, o Xurado descartou a existencia dunha intención directa de matar a Gregory “polo feito de que tivo unha clara ocasión de matalo durante o tempo, 23 segundos, en que tivo inmobilizada á vítima cunha navalla na man”, e, con todo, non chegou a apuñalalo.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...