InicioSOCIEDADEA conselleira de Política Social acompaña a Mari Carmen Figueira no seu...

A conselleira de Política Social acompaña a Mari Carmen Figueira no seu 100 aniversario

A homenaxeada, usuaria da residencia de Volta do Castro e oriunda de Rianxo, cumpre un século rodeada de familiares e autoridades

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este xoves a residencia pública autonómica de Volta do Castro para render homenaxe a Mari Carmen Figueira Mariño, que cumpre cen anos esta semana. A celebración contou coa presenza de familiares, persoal do centro, outros residentes e a propia conselleira, nun acto que recoñece a longa traxectoria de esforzo e traballo de Mari Carmen, usuaria deste centro residencial desde o ano 2022.

Mari Carmen, que naceu o 2 de outubro de 1924 na parroquia de Asados, en Rianxo, tamén pasou unha parte da súa vida emigrada en Francia durante unha década. Ao longo da súa vida formou unha familia, composta por unha filla, dous netos e dous bisnetos.

Este sábado, 5 de outubro, a residencia de Volta do Castro organizará unha celebración especial polo seu 100 aniversario. O evento incluirá unha misa, unha actuación da Coral Castrosúa e un xantar coas súas familias e compañeiros residentes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here