InicioSOCIEDADEA Policía Local dará charlas nos institutos da cidade para concienciar sobre...

A Policía Local dará charlas nos institutos da cidade para concienciar sobre efectos de actos incívicos no lecer nocturno

Comezarán a impartirse o 1 de outubro e prolongaranse tres meses

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Local de Santiago volverá acudir a centros de secundaria da capital galega para tratar de concienciar ao alumnado das consecuencias que poden ter determinadas condutas incívicas asociadas ao lecer nocturno. Como novidade, tal e como detallaron este luns en rolda de prensa o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e o policía encargado de impartir as charlas, Martín Camba, nesta edición a iniciativa tamén chegará ás Anpas.

Eses pais preocupados polo lecer nocturno dos seus fillos, que erros cometen, que riscos hai… A información é fundamental. O ano pasado xa se uniron un par de Anpas e este ano hai cinco centros que van ter esta charla”, especificou Camba. Así mesmo, explicou que estas charlas xurdiron fai tres anos destinadas a alumnado de 1º de bacharelato dun único instituto e “tivo bastante boa acollida”, polo que decidiron estendelas a todos os institutos de secundaria de Santiago, ademais de ao ambiente universitario, sumando tamén residencias e colexios maiores.

Segundo Martín Camba, non se trata só de conversacións sobre normativa, senón que buscan “un diálogo e proximidade” e “concienciar a través de exemplos”. Pola súa banda, Xan Duro destacou que estas charlas están pensadas “para concienciar á mocidade sobre consecuencias de diferentes condutas incívicas”, ademais de tratar de buscar “un lecer nocturno máis saudable e respectuoso”. A iniciativa comezará o próximo día 1 de outubro e desenvolverase ao longo dos próximos meses en todos aqueles centros que o soliciten. O pasado ano, máis de 3.000 alumnos e alumnas da capital galega recibiron estas charlas organizadas pola Policía Local.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...