InicioSOCIEDADEA xuízo por simular contratos para non pagar unha débeda de 36.000...

A xuízo por simular contratos para non pagar unha débeda de 36.000 euros

A comunidade de propietarios chegou mesmo a contratar a un detective privado que presentou un informe de como estaban a actuar os acusados.

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, celebrará os próximos 20 e 21 de xuño o xuízo contra tres acusados de simular contratos para non pagar unha débeda de algo máis de 36.000 euros cunha comunidade de propietarios de Santiago de Compostela.

Os feitos remóntanse ao ano 2009, cando unha empresa inmobiliaria promoveu un edificio na Avenida de Barcelona de Santiago, quedándose con varios pisos e prazas de garaxe. Con todo, a empresa nunca abonou as cotas da comunidade, de forma que, a 18 de abril de 2017, debía algo máis de 36.000 euros. A comunidade, apunta o escrito de acusación de Fiscalía, tentou cobrar esta débeda a través de varios procedementos xudiciais, pero sen resultado, polo que acabou instando á declaración de concurso da sociedade mercantil, que se activou en 2017.

Mentres tanto, o tres acusados “tomaron o control” da empresa, pola que pagaron unicamente 2.500 euros pola súa mala situación económica, facéndose tamén cos pisos e garaxes afectados. Con todo, coa finalidade de eludir que a comunidade conseguise en vía xudicial a execución do seu crédito, un dos acusados creou presuntamente documentos en conivencia co seu irmán, tamén procesado, e co terceiro acusado para presentar no xulgado e oporse a esta pretensión. Tratábase de contratos ficticios de cesión dos inmobles.

Fiscalía apunta que durante os anos nos que un dos acusados administrou os pisos, estes foron alugados tanto por longas tempadas como pola vía de aluguer turístico, obtendo deles rendementos económicos. A comunidade de propietarios chegou mesmo a contratar a un detective privado que presentou un informe de como estaban a actuar os acusados.

O Ministerio Público solicita dous anos e medio de cárcere para un dos procesados e catro para os outros dous, ademais dunha multa de 3.000 euros para cada un deles. O xuízo xa estivo sinalado en febreiro, pero tivo que suspenderse pola folga de letrados de oficio.

ÚLTIMAS

O empresario detido en Santiago está vinculado a unha rede de fraude na venda de bebidas alcohólicas

O empresario que foi detido pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil o...

Festas do Apóstolo: Sés, Baiuca e atraccións na Alameda cun cartel anunciador homenaxeando a Castelao

As festas do Apóstolo arrincan a próxima semana en Santiago de Compostela, cunha aposta...

Coñecemos o primeiro coworking rural de Galicia que deu renda solta á creatividade do campo

Hai lugares que nacen da necesidade e medran coa forza da comunidade. No pequeno concello...

Allegue comunicou “persoalmente” a Sanmartín a chegada dun requerimento sobre a “zona tensionada”

A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, destacou que ela mesma contactou "persoalmente" coa...

Festas do Apóstolo: Sés, Baiuca e atraccións na Alameda cun cartel anunciador homenaxeando a Castelao

As festas do Apóstolo arrincan a próxima semana en Santiago de Compostela, cunha aposta...

O centro de saúde de Conxo renóvase para estar listo a comezos de 2026

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou este mércores as obras de rehabilitación...

O Camiño de Santiago, máis seguro para as mulleres que camiñan soas

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presentou en Pontedeume (A Coruña) a...