InicioSOCIEDADECatro actas de infracción a postos ambulantes por venda de alcol a...

Catro actas de infracción a postos ambulantes por venda de alcol a menores durante o festival O Son do Camiño

Un menor foi identificado con papelinas dunha suposta sustancia estupefaciente.

Publicado o

Xornal de Compostela

Axentes da Policía Autonómica levantaron catro actas de infracción a postos ambulantes pola venda de alcol a menores durante o festival O Son do Camiño. Ademais, un menor foi identificado con papelinas dunha suposta sustancia estupefaciente. En concreto, os establecementos carecían tanto de cartel informativo da prohibición e subministración de alcol a menores como de licenza municipal de actividade.

As actuacións producíronse no marco dun dispositivo de prevención do consumo de alcol por este colectivo no marco do evento celebrado a pasada semana en Santiago de Compostela. Nun comunicado, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes explicou que, como resultado das inspeccións, identificouse a 103 menores e levantáronse as citadas actas de infracción a postos ambulantes localizados nas proximidades do evento por incumprimento das leis 2/1996 e 11/2010 en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores.

O dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e subministración tanto en locais de lecer como bares, pubs e discotecas como en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecementos expendedores de alcol e tabaco. Tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, para controlar e evitar o consumo ilícito. A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control de vixilancia das zonas de lecer frecuentadas por menores de idade.

ÚLTIMAS

Os edís expulsados do PSOE esixen a Sánchez que se revise o seu caso, pois foi asinado por Santos Cerdán

Os catro edís de Santiago expulsados do PSOE --Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta...

Arde unha vivenda na rúa Algalia de Abaixo durante a madrugada

Un incendio rexistrado na madrugada deste sábado activou todas as alarmas no centro histórico...

Blas García pide a Sánchez que convoque eleccións xerais para poñer fin a unha “situación política irrespirable”

O alcalde socialista de Ames, Blas García, manifestou publicamente o seu apoio a un...

Un fallo na matrícula deixa sen bonificación ao seu pago a estudantes da USC, pero Xunta e universidade rectifican

A Xunta chegou a un acordo coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para eludir un dos requisitos...

Arde unha vivenda na rúa Algalia de Abaixo durante a madrugada

Un incendio rexistrado na madrugada deste sábado activou todas as alarmas no centro histórico...

Un detido por agresión con arma branca no mercado de Salgueiriños en Santiago

Un home foi detido pola Policía Nacional na mañá deste xoves por unha agresión...

Confirman a condena de dous anos para un fisioterapeuta de Santiago por abuso sexual

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...