InicioSOCIEDADELestegás destaca en Compostela o papel do estudantado internacional na defensa da...

Lestegás destaca en Compostela o papel do estudantado internacional na defensa da diversidade

O concelleiro de Urbanismo participou na USC International Students Welcome Day, que reuniu 300 mozos e mozas de preto de 50 países

Publicado o

Xornal de Compostela

O International Students Welcome Day da Universidade de Santiago de Compostela celebrouse esta semana cunha ampla participación: arredor de 300 estudantes internacionais de case 50 países distintos déronse cita no acto de benvida que marca o inicio do curso académico.

O evento contou coa presenza do concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, quen subliñou a relevancia do encontro para proxectar Compostela como cidade aberta ao diálogo intercultural. No seu discurso, o edil sinalou que “nun momento en que a democracia está en xogo en moitos lugares do mundo, nun momento en que Palestina e outros pobos sofren a brutalidade da destrución masiva, nun momento en que moitos queren inxectarnos medo e odio cara aos que son diferentes, necesitamos promover a diversidade, o intercambio e a solidariedade”.

Lestegás engadiu que as universidades e o estudantado internacional teñen un papel chave neste reto global, ao contribuír ao entendemento mutuo e á construción de sociedades máis xustas e plurais.

O Welcome Day forma parte do programa de acollida que a USC organiza cada ano co obxectivo de facilitar a adaptación do alumnado estranxeiro e promover o intercambio cultural na comunidade universitaria compostelá.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

A USC en mans de mulleres: catro candidatas se presentan para reitoras tras a retirada de Mar Lorenzo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...

Ulloa Viva leva ao Parlamento a súa demanda de “carpetazo definitivo” ao proxecto de Altri

A Plataforma Ulloa Viva mantivo este martes no Pazo do Hórreo encontros con todos...

Instalado o acelerador de protóns do Centro de Protonterapia destinado a tratar o cancro en Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presenciou este sábado a instalación do acelerador de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here