InicioSOCIEDADEDetidas 16 persoas pola estafa do “falso sicario” a usuarios de páxinas...

Detidas 16 persoas pola estafa do “falso sicario” a usuarios de páxinas de citas

A rede criminal ameazaba con represalias físicas e danos reputacionais; dúas das detencións tiveron lugar en Santiago e Monforte.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional detivo 16 persoas no marco da ‘Operación Bachata’, entre elas dúas en Santiago de Compostela e Monforte de Lemos, por formar parte dunha presunta organización criminal dedicada a extorsionar usuarios de páxinas web de contactos. A banda utilizaba o método coñecido como a estafa do “falso sicario”, ameazando ás vítimas con represalias físicas ou danos á súa reputación se non realizaban pagos económicos.

A investigación comezou tras a denuncia dun mozo en Pamplona, que chegou a pagar preto de 20.000 euros por medo ás ameazas. A denuncia foi determinante para que a Brigada de Policía Xudicial iniciase as pescudas, constatando posteriormente que polo menos outras nove persoas foran vítimas de extorsión en distintos puntos do Estado, cun total de máis de 100.000 euros entregados á organización.

Os detidos operaban desde varias localidades como Madrid, Málaga, Sevilla, Alacante ou Xirona, e contaban con colaboración de traballadoras das páxinas para obter datos persoais das vítimas. Algunhas destas persoas actuaban como “mulas” para recibir os cartos, mentres que dúas serían os presuntos líderes da trama. A operación continúa aberta e a investigación está agora a cargo da Audiencia Nacional, debido á gravidade e alcance dos feitos.

ÚLTIMAS

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao...

O CHUS defende o aumento de ambulancias ante as queixas

O complexo hospitalario universitario de Santiago de Compostela (CHUS) defendeu o aumento de ambulancias...

A onda de calor actual “non supera a marca rexistrada” en Santiago de 40º en 1990

O coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de...

Denunciados dous taxistas en Santiago por conducir baixo os efectos do alcol mentres levaban a pasaxeiros

A Garda Civil, a través do Subsector de Tráfico da Coruña, denunciou a dous...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao...

Denunciados dous taxistas en Santiago por conducir baixo os efectos do alcol mentres levaban a pasaxeiros

A Garda Civil, a través do Subsector de Tráfico da Coruña, denunciou a dous...

Detido un veciño de Ames por un delito contra a saúde pública e outro contra a seguridade viaria en Teo

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro Ames detivo a un home de 58 anos,...