InicioSOCIEDADEAs festas da Ascensión reúnen a dirixentes dos principais partidos políticos

As festas da Ascensión reúnen a dirixentes dos principais partidos políticos

Houbo representación de todas as cores políticas

Publicado o

Xornal de Compostela

O día grande das festas da Ascensión de Santiago de Compostela, festivo na capital galega, reuniron este xoves aos dirixentes dos principais partidos políticos. Na Alameda déronse cita o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que paseou pola zona acompañado pola responsable de Organización da formación, Lara Méndez; do secretario xeral do PSOE local, Aitor Bouza, así como dos dous concelleiros socialistas na corporación municipal Guimersindo Guinarte e Marta Abal, entre outros socialistas.

Ademais, tamén se achegou ao epicentro das celebracións a líder do BNG, Ana Pontón, quen deu un paseo xunto á rexedora da cidade, Goretti Sanmartín. Ambas, xunto a distintos membros do BNG na cidade compartiron comido o polbo nas carpas que cada ano se instalan na zona. Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, deixouse ver pola zona xunto ao presidente do PP local, Borja Verea, e outros cargos do partido como o portavoz parlamentario, Alberto Pazos, e o eurodeputado Adrián Vázquez. Por último, unha delegación de Movemento Sumar Galicia capitaneada polo secretario xeral Pualo Carlos López deu un paseo portando camisetas coa lema da campaña iniciada pola formación para reivindicar a redución da xornada, nas que se podía ler a frase “traballar menos para vivir menor”.

ÚLTIMAS

A estación intermodal de Santiago inaugúrase oficialmente co nome de Daniel Castelao

A cidade de Santiago de Compostela celebrou este martes a inauguración oficial da súa...

Reproches da Xunta ao Goberno Central na apertura da estación Intermodal

O conselleiro de Presidencia, Deporte e Xustiza, Diego Calvo, reprochou ao Goberno central "falta...

O decano de Matemáticas da USC reclama ao conselleiro de Educación unha reunión “urxente” sobre o máster

O decano da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Alberto...

Un camión de mercadorías perigosas sofre un incendio na AP-9 ao seu paso por Teo

Os bombeiros do parque provincial de Boiro actuaron nun incendio nun camión de mercadorías...

Reproches da Xunta ao Goberno Central na apertura da estación Intermodal

O conselleiro de Presidencia, Deporte e Xustiza, Diego Calvo, reprochou ao Goberno central "falta...

Reivindicación do labor feito polos edís de Santiago expulsados do PSOE un ano despois

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago Mercedes Rosón reivindicou o traballo do...

Guinarte podería ser o candidato á alcaldía do PSOE compostelá

O concelleiro socialista Gumersindo Guinarte non pecha a porta a ser elixido polo seu...