InicioSOCIEDADEPiden 4 anos de prisión para un home que estafou a Vayper...

Piden 4 anos de prisión para un home que estafou a Vayper automoción 25.305 euros cunha falsa venda de coches

Tras recibir o diñeiro, o acusado fixo a entrega e no canto de cinco foron só tres os vehículos que entregou

Publicado o

Xornal de Compostela

Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro mércores na súa sede compostelá a un home que se enfronta a catro anos e prisión por un delito continuado de falsidade documental e a outro de estafa. Segundo o escrito da Fiscalía, os feitos producíronse no ano 2022 cando o acusado, intermediario habitual na venda de vehículos e sen antecedentes penais, cobrou 25.305 euros cunha suposta estafa á empresa Vayper automoción.

En concreto, en setembro de 2022 o acusado enviou un correo electrónico ao administrador mercantil de Vayper co orzamento de venda de cinco vehículos, a oferta incluía un Audi A5 por 14.500 euros, un Seat León por 12.500, un Smart Four por 2.500, un Nissan Qashqai por 6.990 e un Volkswagen Tiguan por 16.900 euros. En total a venda sumaba 53.390 euros e o administrador aceptou a oferta e ingresou o diñeiro nunha conta corrente, conta do acusado que agora se enfronta a pena de cárcere.

Tras recibir o diñeiro, o acusado fixo a entrega e no canto de cinco foron só tres os vehículos que entregou: o Smart, o Nissan Qashqai e o Seat León. Ademais, as facturas foran “manipuladas” e modificouse “a data de emisión das mesmas así como o prezo dos vehículos de forma que se reducía notablemente o seu importe”. Con todo, o acusado enfróntase a un delito continuado de falsidade documental e a outro de estafa, por todo iso, o Ministerio Fiscal solicita unha pena de catro anos de cárcere e unha multa de doce meses a razón de dez euros diarios. Ademais, en concepto de responsabilidade civil indemnizarase ao administrador de Vayper automoción coa cantidade de 25.305 euros.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...