InicioSOCIEDADEA Xunta dá o visto e prace á ampliación do servizo de...

A Xunta dá o visto e prace á ampliación do servizo de taxis na cidade, con 29 novas licenzas

O goberno compostelán móstrase "satisfeito" e celebra a decisión da Administración autonómica

Publicado o

Xornal de Compostela

Xunta trasladou este martes ao Concello de Santiago o informe favorable para ampliar ata 173 as licenzas de taxi no municipio, como solicitara Raxoi, o que suporía ampliar en 29 as 144 licenzas actuais. Segundo explicou o Goberno galego nunha nota de prensa, 15 das novas incorporacións corresponden a licenzas para aqueles taxis que están adaptados a persoas con mobilidade reducida, que se sumarán ás 10 licenzas actuais. Así mesmo, Raxoi terá un prazo de dous meses para fixar o calendario para outorgar as novas prazas de taxi, que poderían ser concedidas todas elas de forma simultánea, segundo detallou nunha o goberno local.

No caso de Santiago, o informe recolle que se considera “suficientemente acreditado” un aumento da demanda que estaría vinculado, “entre outros motivos”, a un incremento de residentes, de turistas, de peregrinos, así como da mobilidade cara a e desde Compostela en transporte público, ademais dos desprazamentos a municipios limítrofes. Con todo, a Administración autonómica sinalou que o estudo de mobilidade do Concello compostelán “xustifica” o nivel de oferta e demanda de servizos de taxi existentes, a cobertura por transporte público ou as necesidades de mobilidade da poboación, entre outras.

Por outra banda, o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais do Concello de Santiago, Xan Duro, aproveitou para lembrar que “esta foi a primeira solicitude, avalada por un informe rigoroso, de incremento de licenzas desde 1998, a pesar de ter menos taxis operativos que fai dez anos para atender a unha poboación e unha presión turística moito maior”. Con todo, o goberno local mostrouse “satisfeito” coa noticia e sinalou que o Concello traballará agora para que estas licenzas sexan “canto antes” unha realidade, xa que é unha “demanda clara” dos veciños de Compostela.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...

Rosa Crujeiras expón á alcaldesa a súa proposta para reforzar a colaboración estratéxica entre a USC e Santiago

A catedrática de Matemáticas e candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela,...