InicioSOCIEDADE(VÍDEO) Ibai, Rosalía, Stephen Hawking e outras personalidades que completaron o Camiño...

(VÍDEO) Ibai, Rosalía, Stephen Hawking e outras personalidades que completaron o Camiño de Santiago

Repasamos algunhas das figuras máis destacadas que percorreron a ruta máis famosa do mundo: o Camiño de Santiago

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Nos últimos días, os streamers Ibai Llanos e “El Xokas” completaron o Camiño de Santiago tras percorrer case douscentos quilómetros a pé. Porén, non foron os únicos famosos que deixaron a súa pegada nesta ruta histórica.

Rosalía, no ano 2011, percorreu o Camiño en solitario nun momento clave da súa vida. Stephen Hawking realizou un tramo simbólico durante unha visita a Santiago, mentres que Angela Merkel, acompañada de Mariano Rajoy, percorreu un pequeno treito desde O Pedrouzo. Tamén o escritor Paulo Coelho, pola súa parte, atopou a inspiración para o seu primeiro libro ao longo de case 600 quilómetros.

Será que estas historias incrementarán o número de peregrinos en anos futuros? Comparte a túa opinión nos comentarios!

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O aeroporto de Santiago comeza este martes as obras na pista que obrigarán ao seu peche durante 35 días en maio

As obras para a renovación integral do pavimento da pista do aeroporto de Santiago-Rosalía...

O pleno de Santiago aproba unha declaración sobre Medicina para evitar novas titulacións xurdidas unilateralmente

A corporación municipal de Santiago aprobou unha declaración institucional coa que chaman a "respectar...

A EGAP acolle unha xornada formativa para reforzar o ensino inclusivo do profesorado galego

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), con sede en Santiago de Compostela, celebra...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here