InicioSOCIEDADEA 126ª Asamblea Nacional Episcopal e o seu vago proxecto "Para dar...

A 126ª Asamblea Nacional Episcopal e o seu vago proxecto “Para dar luz” a todos os incesantes abusos a menores

A Conferencia Episcopal Española celebra a 126ª Asamblea Plenaria na que comunica os avances pola protección e prevención dos menores vítimas de pederastia a mans da Igrexa, mais non falan do que esconden realmente, pois todos encubren os seus delitos e se axudan entre eles para son seren xulgados

Publicado o

Por Tania Zaref

O pasado 18 comenzou a Asamblea Nacional Episcopal Española que se prolongou ata o 22 de novembro. Tivo lugar na Catedral da Almudena, Madrid. A reunión contou coa participación de todos os obispos membros de pleno dereito; os administradores diocesanos de Albacete; e obispos eméritos que teñen voz, mais non voto. Entre eles incorporouse o obispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio José Valín e obispos de Valencia foton invitados a participar na sesión inaugural, na que se realizou unha eucaristía en honra dos afectados pola DANA.

Antes de nada debemos ter clara unha cousa:

  • QUE É A ASAMBLEA PLENARIA?

A Asamblea Plenaria é o organo superior da Conferencia Episcopal Española. Reúne aos arzobispos, obispos e auxiliares titulares e eméritos que cumplan unha función especial no ámbito nacional, encomendada pola Santa Sede ou pola Conferencia Episcopal.

A Asamblea Plenaria, ademais dos documentos de carácter colectivo, correspóndelle aprobar os informes dos distintos órganos da CEE, os temas económicos, ou as asociacións. Tamén están entre as súas atribucións a elección do presidente e do vicepresidente da CEE.

Grazas á páxina web da Conferencia Episcopal temos respostas a posibles cuestións que nos poden vir a cabeza sobre un tema tan importante como a postura e a visión cara ao futuro da Igrexa frente aos numerosos abusos a menores que seguen ocorrendo no ámbito relixioso.

  •  QUE COMPROMISO TEN A IGREXA EN RELACIÓN AOS ABUSOS?

A Igrexa en España mostrou e confirma a súa firme voluntade de condenar, non tolerar nin encubrir ningún tipo de abuso sexual, de poder e de conciencia, especialmente a menores e persoas que habitualmente teñen un uso imperfecto da razón. E ante os abusos que se deron no pasado, pediu e pide perdón ás vítimas e a toda a sociedade. Sabemos que estas condutas comprometen a misión da Igrexa e a súa credibilidade.

Estamos convencidos de que os abusos a menores ou persoas equiparables son, non só pecados graves, senón tamén delitos que deben ser xulgados nos ámbitos civil e canónico. 

  • QUE FAI A CONFERENCIA EPISCOPAL CANDO RECIBE UNHA DENUNCIA?

Cando a Conferencia Episcopal recibe unha denuncia ou ten noticia dun delito cometido contra menores envía a comunicación ao obispo da diocese ou superior da Congregación á que pertence o clérigo denunciado segundo o disposto no Vademécum (22). O obispo ou o superior relixioso ante o que se presenta a denuncia contra un sacerdote o que ten constancia de ela é o o competente para realizar unha investigación preliminar sobre a versimilitude da denuncia (21). Unha vez realizada a investigación preliminar, envía toda a investigación á Congregación para a Doctrina da Fe (CDF), coa súa opinión particular. 

O SEU COMPROMISO COA PROTECCIÓN DE MENORES

O compromiso da Igrexa ten catro dimensión:

  1. Acompañar, acoller e comprender o dolor causado
  2. Sanar as feridas das vítimas, que viven elas e o seu entorno máis cercnao
  3. Reparar, na medida do posible, o daño casusado
  4. Coidar de que esos feitos non se volvan repetir, desenvolvendo políticas de prevención, de formación e de atención en todos os lugares da Igrexa en que se realicen actividades con menores.

Desde xuño de 2021 existen en cada diocese ou provincia eclesiástica, oficinas diocesanas e metropolitanas de denuncias de abusos sexuais a menores e a persoas vulnerables, acoxida, escoita, prevención e formación son as claves do traballo destas oficinas, presentes tamén en numerosas congregacións relixiosas.

A 126ª Asamblea Plenaria da CEE (Conferencia Episcopal Española) tratou varios asuntos importantes como: o servizo para a protección de menores; o proxecto “Hospitalidade Atlántica”, para axudar aos migrantes, principalmente de África; e o próximo ano xubileo 2025. 

Respecto a este servizo de coordinación e asesoramento das oficinas para a protección de menores, informouse sobre os sete encontros de formación e prevención nos que participaron cerca de 1.400 persoas de todas as áres da acción da Igrexa. O servizo plantexou un horizonte amplo de futuro e insistiuse na creación dunha rede de traballo conxunto para salvagardar ao menor nos entornos eclesiais. Ao mesmo tempo, desexa ofrecer unha proposta á sociedade para comprender que a Igrexa está na acollida, atención, reparación das vítimas e na prevención e na formación das persoas que, na Igrexa e na sociedade, traballan con menores. Señalouse que a evanxelización pasa polo coidado e protección de menores e vulnerables.

Coa información aportada polas diversas institucións eclesiais e informes realizados, a CEE publicou o informe Para Dar Luz II (Para dar luz I, abril de 2023). Un documento de 1.300 páxinas e nove volumes de anexos documentales que se base no traballo das Oficinas diocesanas de protección de menores. Un traballo conxunto onde se integran Tamén aportacións e recomendacións do informe do Defensor do Pobo, presentado en outubro de 2023, e o Informe-Auditoría elaborado polo despacho de Cremades & Calvo Sotelo, entregado en decembro do mesmo ano.

O informe, articulado en sete volumes, ten unha parte documental e outro informativa, que se vai actualizando constantemente. Este recolle 1383 denuncias sendo indeterminado o número de vítimas.

A pesar da incesante loita da maioría dos eclesiásticos, encontrámonos, por desgracia, con varios encubrimentos de abusos a menores. A continuación están algúns dos obispos que servían en Galiza:

O obispo de Ourense (1997-2002), Carlos Osoro, actual arzobispo de Madrid e actual vicepresidente da Conferencia Episcopal Española encubriu un caso na archidiocese de Oviedo no 2002.

O obispo auxiliar De Santiago de Compostela (1999-2002) que posteriormente substituiu ao anterior como obispo de Ourense (2002-2010) e actual obispo de Tuy-Vigo (si, o que asistiu a esta última Asamblea Plenaria), Luis Quinteiro Fiuza, foi acusado de encubrir ao cura pederasta Francisco Manuel de Ourense no 2009.

O arzobispo De Santiago de Compostela (1984-1994) e posterior arzobispo de Madrid (1004-2014), Antonio María Rouco Varela, que exerceu como presidente da Conferencia Episcopal Española, encubriu un caso en Madrid dun sacerdote que realizara numerosos abusos. Tamén foi acusado de encubrir e trasladar a sacerdotes tras seren denunciados por pederastia.

Con isto, podemos ver que a pesar da axuda que se mostra publicamente, a xente que está a cargo das decisións non son as persoas máis puras.

En canto ás cifras, proporciónovos as seguintas táboas coas estadísticas nas que se recollen:

Os acusados de abusos sexuais a menores por provincia:

Mapa acusados por provincias

En relación á fecha:

Cronoloxía testimonios pederastia

A vinculación coa Igrexa das vítimas:

Vinculación vítimas cos agresores eclesiásticos

As cinco principais dioceses responsables:

Orde de dioceses

No cuarto posto das dioceses responsables con maior número de denuncias temos a Salle. Desta contamos cunha noticia relativamente recente na zona de Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2022. O colexio Compañía de María de Santiago foi obxecto de investigación tras unha denuncia de abuso a un menor a un dos seus traballadores. Este mesmo colexio foi no que en febreiro dese mesmo ano se destaparon toda unha serie de abusos de pederastia ocorridos entre as décadas dos setenta e oitenta.

Os abusos sexuais cometidos polos membros da Igrexa Católica de Santiago de Compostela son solo unha parte dunha problemática moito máis ampla que afectou a miles de menores en toda Galiza e España. O recoñecemento da realidade dos abusos e a creación de plataformas de denuncia son un claro avance, mais anda queda un largo camiño por recorrer mentres xente así ocupe eses cargos e mentres a Igrexa sega tendo máis poder que o poder xudicial.

ÚLTIMAS

O BNG celebra a posta en marcha dun xulgado especializado en violencia machista en Santiago

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anunciou a posta en funcionamento dun novo xulgado especializado...

Corte de manga da alcaldesa de Teo a unha concelleira da oposición

A alcaldesa de Teo, a popular Lucía Calvo, dedicou un corte de manga a...

O Concello acusa á Xunta de avisarlles “sen apenas tempo” dos seus actos institucionais

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, acusou á Xunta de, con "bastante frecuencia", avisar "sen...

UCIN reclama melloras urxentes na N-550 entre Padrón e Santiago polo seu deterioro

A Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) vén de solicitar actuacións inmediatas na estrada nacional...

Golpeou e ameazou ós traballadores antes de provocar o incendio, agora a xuízo

Un home será xulgado o 3 de abril en Santiago de Compostela acusado de...

Santiago estrea o tramo da nova senda peonil e ciclista

O novo carril bici de Santiago que conecta a Estación Intermodal con San Caetano...

Raxoi prevé que a taxa turística comece a funcionar este verán

O Concello de Santiago prevé que o imposto sobre estancias turísticas, coñecido como taxa turística, empece...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here